domingo, 19 de octubre de 2014

Nai e Fillo e Viceversa




Non pode haber máis amor, cariño, respecto e felicidade nunha soa imaxe. 
Estas fotografías son a proba
Que pensades vós?

domingo, 20 de abril de 2014

As Geishas: O Presente e o Pasado



Reciben diariamente clases de danza, de música, de literatura, de maquillaxe especial, clases tamén para saber realizar correctamente a cerimonia do té......Vísten carísimos kimonos e a súas geishas nai invirten na súa educación moito tempo e diñeiro.Todos os seus movementos e comportamentos están medidos ata o mínimo detalle.  Non son prostitutas, de feito non soen ter relacións sexuais cos homes que as frecuentan.



Teñen a gala, e é que ademáis é o que se espera delas, que o que escoitan, levarano á tumba: os seus beizos non volverán a repetilo. A discreción ( ese valor que hoxe en día está en horas baixas) é alzada á enésima potencia nelas. Pola contra, ser aguda coas palabras é un talento moi valioso, moito máis que sexan belas. De igual maneira, teñen que "saber mimar o ego masculino".



Irmás maiores, aprendizas...A medio camiño entre o presente e o pasado seguen existindo nun mundo que parece doutro tempo e que semella que quere desaparecer. Déixovos un documental moi interesante sobre elas por se queredes saber máis da súa vida. Que vos guste! Premede  AQUI.


Toda a obra gráfica foi extraída de Wikimedia Commons onde poderedes atopar moitas máis. 

sábado, 8 de marzo de 2014

8 de marzo- Día Internacional da Muller




Ben!................. Pero................... despóis de noventa anos de loita femenina para alcanzar a igualdade:

-Agora mesmo 800 mulleres morren durante o parto cada día.

- As mulleres continúan traballando en postos de menor responsabilidade

- As diferencias de salarios entre homes e mulleres é moi significativa


 A Little Ship of Dreams- Edgard Maxence


A ONU afirma que:

- Naqueles países onde hai máis igualdade de xénero hai un maior crecemento económico

- Que as empresas que teñen máis líderes mulleres teñén máis rendementos

- Que os acordos de paz onde están involucradas as mulleres teñen unha vixencia máis duradeira.

Tras a Cumbre do Milenio fai quince anos ou a Conferencia sobre a Muller de Beijing hai máis logros alcanzados. Según o periódico "La Voz de Galicia", de onde leo o texto para crear este outro pequeno, hai máis mulleres traballando, máis nenas que van a escola, menos que morren durante o parto e o embarazo, máis en postos de liderazgo............ Pero......... Por que teño a sensación de que non ten cambiado moito a nosa situación e máis en determinados países do mundo??????.  Creo, o non só eu, que segue sen haber igualdade real. 





 E finalmente......Vou ao periódico "El País" para leer un texto sobre as mulleres e.......... Que me atopo como anuncio á dereita do texto " Considerad si una mujer" escrito por Manuel Rivas???? 


Ana Juan

  Un anuncio de quitamanchas Ariel ????????????????????
  
 

- Por que falamos do 8 de marzo como Día da Muller?

- Cal foi o contexo no que xurde?

- Quen foi Clara Zetkin?

- Por que é interesante o día 8 de marzo de 1945?

- Que é a democracia paritaria? Cal é a túa opinión ao respecto de que exista?




Distintos artigos do xornal " El País" sobre distintas situacións das mulleres no mundo e os problemas que teñen que enfrontar: 


- Máis fotos de nais e fillas do mundo, fotos bonitas para coñecer outras realidades do sexo feminino neste, o noso universo . 


- Obra gráfica extraída de distintas fontes.