domingo, 20 de abril de 2014

As Geishas: O Presente e o Pasado



Reciben diariamente clases de danza, de música, de literatura, de maquillaxe especial, clases tamén para saber realizar correctamente a cerimonia do té......Vísten carísimos kimonos e a súas geishas nai invirten na súa educación moito tempo e diñeiro.Todos os seus movementos e comportamentos están medidos ata o mínimo detalle.  Non son prostitutas, de feito non soen ter relacións sexuais cos homes que as frecuentan.



Teñen a gala, e é que ademáis é o que se espera delas, que o que escoitan, levarano á tumba: os seus beizos non volverán a repetilo. A discreción ( ese valor que hoxe en día está en horas baixas) é alzada á enésima potencia nelas. Pola contra, ser aguda coas palabras é un talento moi valioso, moito máis que sexan belas. De igual maneira, teñen que "saber mimar o ego masculino".



Irmás maiores, aprendizas...A medio camiño entre o presente e o pasado seguen existindo nun mundo que parece doutro tempo e que semella que quere desaparecer. Déixovos un documental moi interesante sobre elas por se queredes saber máis da súa vida. Que vos guste! Premede  AQUI.


Toda a obra gráfica foi extraída de Wikimedia Commons onde poderedes atopar moitas máis.