martes, 8 de marzo de 2016

Día da Muller 2016



Un ano máis chega o día 8 de marzo marcado no calendario como o día da Muller, a Muller en maiusculas, un día que pon o foco en máis da metade do planeta. Poderíamos falar aquí do "Empoderamento da muller", o "Empowerment" que se dí en inglés e resumir os principios para logralo. Este termo foi acuñado pola Conferencia Mundial das Mulleres en Beijing no ano 1995 para referirse ao incremento da nosa participación na toma de decisións e de poder. Se queredes leelo, premede na páxina da ONU que o explica: Aquí



Sen embargo, nós queremos facer fincapé noutra realidade máis palpable, máis clara, menos retórica, en principio, e entendemos máis aplicable aínda que non sabemos si de verdade   cambiará a vida dalgunha muller, aínda que sexa polo menos, nun "pequeno recuncho" de este o noso mundo, cheo de sete mil millóns de persoas ( 2011) das que así, grosso modo, a metade serían mulleres e nenas.  


Todo parte dunha estremecedora noticia dun xornal que afirma que 140 millóns de nenas e mulleres son mutiladas xenitalmente en todo o mundo según cifras de Amnistía Internacional.

A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.



Foto: Alejandro Vannuci

Pero esto non só ocorre en África, continente onde é moi común. Tamén ocorre en Latinoamérica e en zonas de Europa ( 500 mil víctimas). A pesar de que hai outros países africanos que teñen leis que condenan a ablación, unha vez máis a realidade é outra e a porcentaxe das mulleres ás que se lle practica segue sendo altísima. Exipto, Guinea, Kenia, Somalia e Djibouti son os lugares con máis mulleres xenitalmente amputadas do mundo. 

Por esta razón, hoxe adicamos esta entrada a esta tremenda realidade poñendo en positivo o paso dado polo goberno de Nixeria que ogallá  leve á práctica e que de verdade sirva  para anular esta terrible lacra que lastra a vida de millóns de seres humáns no mundo únicamente por ter nacido muller.


 Máis loita, máis visibilidade e sobre todo máis educación para recobrar a nosa dignidade como persoas. 


Para saber máis dous artigos do xornal " El País" que non podes deixar de ler: este e este

As imaxes foron extraídas de varias páxinas web coa única intención de ilustrar esta pequena entrada.