Fonte: Aquí
Jesús comentaba que algunhas desas mulleres podían non poñer os aros de cobre que recobren os seus pescozos. Sigo sen telo claro.
Estas mulleres denomínanse "Padaung" e forman parte dunha tribo, os Kayan, con poucos membros (sete mil actualmente) que proviñan de Myanmar, antiga Birmania. Dado que foron perseguidos polo réxime ditatorial que hai no país, sabedes o que significa?, non sí? ;), tiveron que marchar cara a Thailandia onde viven actualmente.
Este é un mapa de Asia: Myanmar, antiga Birmania, está en cor rosa. Estoutro mapa permite ver máis de cerca a zona en cuestión. Hoxe en día só hai 12 aldeas de Kayan. Para eles e a súa cultura, os aros son símbolo de riqueza e tamén de beleza: canto máis longo o pescozo, máis bela a muller. En realidade, é unha espiral cada vez máis longa que se coloca a medida que a muller crece. Os aros colócanos, tamén, debaixo dos xeonllos e nos brazos pulseiras. O primeiro aro é colocado cando as nenas teñen cinco anos. Os seus corpos crecen dun xeito anormal, os ombreiros, as clavículas...Unha, sendo adulta, chegou a poñer 27 aretes, pesaba nove kilos e o seu pescozo estirouse dez centímetros!!!!!. Foto realizada por David Iliff. Déronse moitas explicacións para xustificar que os utilicen: para que as mulleres non fosen devoradas por tigres, que os aros as fan pouco atractivas para as tribos veciñas, que o fan para que o pescozo pareza o de un dragón, figura especial para a súa cultura.... Podedes imaxinar o que ocorre nos músculos dos pescozos se os aros son retirados: debilítanse e non son capaces de sostelo, morrendo desnucadas, algo que sucede se son acusadas de adulterio (ter relacións con outros homes estando casadas). Danza Padaung, 1922 Creo que vos falei do réxime birmano no que non hai democracia e, nos anos 90', moitos membros da tribo tiveron que fuxir a Thailandia un país con fronteira co seu debido á persecución do goberno ao que foron sometidos por ser unha minoría étnica. Mirade o mapa de novo. Sendo refuxiados non teñen terras propias e non poden traballar, así que sobreviven da artesanía ( fan preciosas teas de cores) ou do que lle dan os turistas se se deixan fotografiar. Fonte: Aquí Este costume, hoxe en día, segue en práctica polo turismo que atrae, o que significa beneficios para a aldea. De feito, se buscades viaxes a Thailandia, os operadores turísticos, ofrecen unha visita a un dos poboados para velas e mesmo nalgún momento foron tratadas como unha atracción de circo. Algúns falan de que hai que respetar ás distintas culturas, outros que é unha forma cruel de sometemento da muller. Que pensades vós? Por certo, había outro costume en China do que vos quero falar pero o deixamos para outra entrada, parécevos? Déixovos un adianto. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario