Nos anos 50', e aínda antes, os homes e mulleres que eran negros non tiñan os mesmos dereitos que os que eran brancos en Estados Unidos. Nos baños públicos podíase ler "Negros Non", así como en escolas, en restaurantes, en bares.....
Sala de espera para brancos únicamente ( for white only) , anos 50
Sala de espera para negros únicamente (colored)
na estación de autobuses en Durham nos anos 40
Baño para rapazas brancas únicamente, Carolina do Norte, anos 40
(White Ladies Only)
Tampouco podían beber das mesmas fontes, de maneira que nesta foto que tedes debaixo podedes ver, unha para xente branca e outra na que un home afroamericano calma a súa sede.
Incluso nas máquinas que vendían Coca- Cola colocaban o carteliño de " para brancos únicamente".
Tamén nos autobuses ocurría. Na parte de adiante sentábanse os brancos, na parte de atrás os afroamericanos.
Tranvía en Alabama, 1930
A todo isto, a esta separación, a esta humillación, a esta inxusticia chámaselle "segregación racial".
Pero un día de 1955 e grazas a nosa protagonista, Rosa Parks, algo cambiou: Rosa Parks colleu o autobús coma sempre despóis dun duro día de traballo. Era costureira. Pero vendo que había unha praza libre na zona reservada aos brancos alí se sentou. Ao darse conta, o conductor parou o autobus e obligouna a deixar libre o asento. Ela negouse e foi detida. Esa noite dormiu nun calabozo da policía e tivo que pagar unha multa de catorce dólares por desobecer as leis raciais, moito diñeiro naquel tempo.
Foto policial de Rosa Parks á esquerda e sentada nun autobus xunto a un
xornalista que lle fixo unha entrevista días despóis de sair das dependencias policiais
Pero o detonante xa explotara. Un pouco coñecido, todavía, xoven chamado Martin Luther King organizou unha oleada de protestas por todo Estados Unidos contra a segregación e miles de afroamericanos, uns trinta mil durante case un ano, non colleron o autobus para ir a traballar. Esta presión fixo que ao ano seguinte o goberno abolise todo tipo de discriminación.
Martin Luther King, asasinado en 1968
En canto a Rosa Parks finou en 2005 aos noventa e dous anos de idade pero continuou loitando durante toda a súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos recibindo a medalla de ouro do Congreso dos EEUU. Esta entrada no blogue quere ser o recordatorio dos 100 anos do seu nacemento que tivo lugar o día 4 deste mes.
Afortunadamente puido ver como Barack Obama pasaba á Historia por ser o primeiro home afroamericano en chegar a ser Presidente dos Estados Unidos, algo impensable pouco tempo antes. Pero tede claro que aínda hai moito por facer para desterrar das mentes das xentes que por razón de raza somos distintos.
Todas as imaxes foron extraídas de Aquí, Aquí e Aquí onde tedes un artículo interesante sobre que é o Ku Kux Klan
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario