Lendo o xornal fai algúns días atopei unha noticia que paso a resumir e que me deixou máis que turulata neste eido do mundo das mulleres e as súas ( nosas) discriminacións seculares.
A noticia falaba como a decisión de Rosa Parks (enlace) fixera estourar a situación da segregación racial en Estados Unidos e como a decisión doutra muller, neste caso española e no século XIX, fixo que cunha carta, unha única carta, conseguira da Biblioteca Nacional ( BNE) que as mulleres puidesen entrar nas súas salas para consultar libros ou investigar, cousa que se lle estaba negado ata ese momento. A muller en cuestión e que, desafortunadamente, ninguén , ou poucos, coñecen chamábase Antonia Gutierrez Bueno, e o seu pai, importante home de ciencia, foi o Boticario Maior do Rei. Por esta razón ela puido ter acceso a tratados científicos, diccionarios e libros de todo tipo.
Ela tiña varias obras impresas, unha das cales era un diccionario histórico e biográfico sobre distintas mulleres, e outras, traducidas do francés, sobre cuestións médicas. Sobra decir que todas elas estaban firmadas con seudónimo, cun nome de home por suposto: Eugenio Brunet y Ortazán.
Na carta da que falamos pediu á biblioteca que lle deixasen entrar nas salas para investigar e terminar a súa obra. A cousa foi que unha vez pedido o permiso, en 1837, ao Ministro da Gobernación ( que sería como si o pedise ao de Interior hoxe), a raiña rexente María Cristina, nai da futura Isabel II, ordeou que así fora: que lle deixaran entrar para poder consultar todo tipo de documentación.
Hai que destacar a molestia que sentiu o director da biblioteca ao pensar en todas as modificacións que, según el, terían que facerse na mesma, como colocar máis escribanías, ou máis braseiros...Finalmente, pediu claramente que lle aumentasen o presuposto que se lle daba para poder facer fronte aos gastos que se xerarían dada a demanda de entrada das mulleres no templo do saber.
En 1837 pois, e grazas a esta intelectual, franqueóuselle a entrada as mulleres na biblioteca pero, eso sí, en salas separadas dos homes. Foi un paso importantísimo como podedes supor.
A nosa protagonista, sen embargo, xa non publicaría máis e habería que esperar ata 1990, sí, 1990, para que a biblioteca fose dirixida por outra muller: Alicia Girón.
A nosa protagonista, sen embargo, xa non publicaría máis e habería que esperar ata 1990, sí, 1990, para que a biblioteca fose dirixida por outra muller: Alicia Girón.
Déixovos o link do artigo en cuestión por si queredes consultalo: Aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario