Déixovos un vídeo que acaba de volverse viral: "Velaske, eu son guapa?????" creado por un xoven chamado Christian Flores que traballa desenvolvendo vídeos en Playgroud, unha plataforma na que se pide aos traballadores que innoven de forma barata. Desta maneira o autor, elexindo un trap ( mestura entre hip hop e música electrónica), cóntanos a historia da infanta Margarita, filla de Felipe IV e Mariana de Austria, que con cinco anos xa está preocupada por si é guapa e si vai casar como se iso fora o máis importante na vida dunha muller. A cuestión é que, efectivamente, casará co seu tío para asegurar a continuación da dinastía. Aos quince anos terá o primeiro fillo e morrerá con pouco máis de vinte, por complicacións co seu cuarto parto. No vídeo, en canto Velázquez lle conta isto, ela respira relaxada e reacciona: " entón son guapa". O propio autor recoñece que tomou da realidade a experiencia dunha nena de cinco anos á que algúns dos seus familiares decíanlle que tiña que ser dunha determinada maneira para poder casar.
Podedes ler o texto enteiro na sección de Verne no xornal El País: Aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario