Ngozi Okonjo-Iweala
Non debería ser noticia nun mundo normalizado de verdade. Pero é que non vivimos nun mundo normalizado. Por esa razón, queremos recoller neste pequeno espazo, a noticia do ascenso á presidencia da Organización Mundial do Comercio ( OMC) da economista Ngozi Okonjo-Iweala, por ser muller e por ser africana. Naceu en Nixeria fai 66 anos.
Asume o posto dun órgano que supervisa as regras do comercio global e que se atopa actualmente na maior crise dende a súa fundación en 1995. As diferencias entre os principais bloques comerciais con China, Estados Unidos e a Unión Europea con visións contrapostas , así como as tensións entre países en desenvolvemento e industrializados, fan que isto sexa así.
Comentan que é " espectacular mirala entrar nunha sala. É todo forza e non só intelectualmente, a súa apariencia enche a sala nun mundo con maioría de homes vestidos de gris". (1)
Non ten un perfil baixo. É licenciada por Harvard cun doctorado no Massachusetts Institute of Technology ( MIT) en Economía do desenvolvemento. Forma parte, dende fai anos, da lista de mulleres máis influíntes do mundo, segundo publicacións como a revista Forbes , Fortune o Time.
E si está facendo historia actualmente, xa a fixo no pasado pois ocupou o Ministerio de Finanzas de Nixeria en dúas ocasións, foi Ministra de Exteriores tamén no seu país e estivo máis de 25 anos no Banco Mundial onde foi número dous do organismo como directora de Operacións.
Dende o Banco Mundial afirman que " é moi boa buscando apoios e sentando consensos" Isto último, nestes momentos, é fundamental.
Parabéns!
Os textos de referencia utilizados para facer esta pequena reseña pertencen ao xornal español ao que seguimos case palabra por palabra El País : Aquí e Aquí ,
Nesas direccións atoparedes máis información sobre esta economista así como na última fotografía extraída de BBC News
Deixamos tamén a dirección da páxina da OMC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario