É así dende o principio dos tempos. Para minar a moral dos combatentes e humillalos, os corpos das mulleres teñen sido os primeiros campos de batalla. A violación na guerra é unha afirmación do poder e a dominación. Significa o sometimento do inimigo a través das mulleres. O importante non é a muller xa que, nun sistema patriarcal, a muller é considerada unha propiedade do home, do seu marido, do seu pai, dos seus irmáns....
Pasou cando as tropas rusas entraron a sangue e fogo en Berlín durante os últimos días da II Guerra Mundial e violaron tanto a bebés como a anciás cunha bestialidade nunca vista.
Fixéronno tamén os xaponeses en China. Recordemos as salvaxadas relatadas no descatalogado libro "O Holocausto asiático: os crimes xaponeses na II Guerra Mundial" escrito por Laurence Rees. Nel fálase de como o ultranacionalismo xaponés fixo posible que, durante 42 días en 1937 e na cidade de Nankín, leváranse a cabo todo tipo de atrocidades sen que , a día de hoxe, o goberno xaponés nen o recoñeza nen pida perdón por aquel exterminio.
Masacraron a entre 100 mil e 300 mil persoas coa aquiescencia do emperador Hirohito. De novo unha poboación, a chinesa, era entendida coma unha raza inferior que podía e debía ser aniquilada. A poboación civil e en particular as mulleres foron quen máis sufriron. O ataque a esta poboación é considerado como unha das maiores violacións colectivas da historia. Calcúlase que entre 20 mil e 80 mil mulleres foron violadas polo exército xaponés para ser asasinadas despóis das formas máis brutais e sádicas.
Nankín tardou meses en recuperar a normalidade: os cadáveres estaban abandoados polas rúas , as ruinas nunca foron grabadas pola prensa internacional e o goberno xaponés negou permisos para informar ata que todo rastro da barbarie foi eliminada.
Desgraciadamente, esto non esta pasando en Ucrania e día a día podemos ver o proceso de destrución dun pobo atendendo a unha visión de novo dun ultranacionalista que quere regresar ao pasado imperial, neste caso, ruso. Esta guerra é a primeira que estamos vendo en primeira liña a través dos medios de comunicación ( exceptuando Vietnam) aínda que a desinformación pretende manipular o pensamento dalgúns occidentais e por suposto, do pobo ruso que parece non entender ou directamente non sabe o que está a suceder.
Outra vez, as violacións están sendo utilizadas como arma de guerra, violacións neste caso polo que sabemos de nenas de entre 11 e 14 anos na localidade de Bucha onde xa se fala de xenocidio e de crímenes de lesa humanidade contra a poboación civil. Recolle un artigo de Gabriel Albiac que "os burdeles improvisados de Bucha, para violar tanto a mulleres adultas como a menores, non son unha odiosa indisciplina da soldadesca". No ano 2008, en Ucrania, as mafias do proxenetismo ruso asentáronse no epicentro do moi rentable negocio do tráfico de mulleres e nese contexto nace en Ucrania, "Femen" cuxa ideóloga, Inna Shevchenko, actualmente exilada en París, reflexiona sobre o feminismo. Afirma Albiac que as mulleres ucranianas optaron nunha porcentaxe sen precedentes en Europa, por tomar as armas para combater aos invasores rusos, e que isto non é azar.
Recordemos tamén neste pequeno escrito a todas aquelas mulleres bosnias musulmanas, violadas sistemáticamente polos serbios nos Balcáns como forma de humillación e para deixalas embarazas de criaturas "serbias", decíanlles. Elas pasarían posteriormente polo tormento de ser repudiadas polas súas propias familias ao seren portadoras da "deshonra e a ignominia" para todo o grupo étnico e relixioso.
En todo o mundo africano e latinoamericano, nos seus enfrontamentos por multitude de causas soldados, guerrilleiros, paramilitares e grupos armados de toda pelaxe e condición levan a cabo estas accións tan terribles que deixan tocadas para a vida ás persoas que viven estas experiencias tan traumáticas.
Finalmente, pero non por iso menos importante, queremos facer unha reflexión sobre a violación masculina en tempos de guerra. É algo do que ninguén fala, nin siquera os que a sufren, como se non tivera ocorrido, por vergoña, por un falso entendimento da honra e da dignidade. Ocorre en todos os conflitos armados e ninguén fala disto.
En que clase de ser se pode convertir un humán???
Para reflexionar....
En canto aos textos consultados e que poden aportar un maior coñecemento :
1- Mujeres con Ciencia - interesante artigo escrito por Eduardo Angulo- Consultado o 14/4/ 2022
1- National Geographic-- sobre Nakíng, consultado o 14/04/2022
3- BBC--
Sobre a violación masculina
No hay comentarios:
Publicar un comentario