sábado, 31 de agosto de 2024

Afganistán, Un Apartheid de Xénero

 

Así é como o chama o relator da Onu para os dereitos humanos en Afganistán , Ricard Bennett: un apartheid de xénero. Falamos de Afganistán e falamos da situación das súas mulleres que é a peor do mundo. (1)


Na era da información (e da desinformación, aínda que non é o caso) a golpe de tecla que nos permite ir dende calqueira lugar do globo e de forma inmediata a consumir todo tipo de información, parece que se nos está creando unha especie de costra enorme que non nos deixa pensar na noticia que acabamos de pasar na pantalla para, rapidamente, ir a engulir outra. 



Eu quedei noqueada días atrás cando lín no xornal " El País" un documento informativo que está fóra de todo atisbo de manipulación informativa, sobre o establecemento dunha "lei de moralidade" neste emirato islámico. Unha "lei sobre o vicio e a virtude". Xa o título da lei sobresalta, coma si volvésemos á Idade Media Occidental na que o teocentrismo, explicabao todo, na que a fe a un deus castigador estaba presente para todo. 


Con respecto a Afganistán, unha vez que os estadounidenses se retiraron do país en 2021 tras 20 anos de guerra, os talibáns controlaron todo impoñendo a Sharía islámica. Con isto a represión da muller acaba de chegar ao seu máximo punto. É brutal.  


Margaret Atwood escribiu unha distopía chamada " O Conto da Criada" en 1985 na cal as mulleres son tomadas como esclavas dos homes, reducidas a propiedades dos varóns con quen manteñen relacións sexuais ( ventres xestantes) nunha ceremonia que non é máis que unha violación. Este relato literario foi realizado como unha serie de televisión. E desto falo de oídas porque non pasei do segundo capítulo de tamaña historia atroz, espeluznante e sobrecolledor relato. 


A escritora Margaret Atwood


Imaxe do " O Conto de Criada" ( aquí e abaixo)

Pero a cuestión na que un amigo me fixo caer foi no paralelismo existente na narración da gran Atwood e o horrendo plan que os talibáns teñen para as súas mulleres. " É a negación da persoa a través da negación da fala" referíase a unha escea da serie pero é que é real e ocorre en Afganistán a día de hoxe.



Ás mulleres afganas se lles prohibe actualmente: 

- que se escoiten as súas voces en espacios públicos 

- tampouco poden cantar, recitar ou falar fronte a un micrófono ( varios periodistas foron o cárcere por aceptar chamadas de oíntes mulleres)

- establécese como necesario que se cubran o rostro e o corpo para evitar " causar tentación" (como se ésta non estivera na mirada do outro) polo que non deben levar ropa atractiva, axustada ou que revele a forma do seu corpo. 

- non poden usar cosméticos ou perfume, ir ás perruquerías e salóns de beleza tampouco

- teñen que evitar imitar os estilos de vestir das mulleres non musulmanas. 

- non poden ir ao ximnasio, nin a baños públicos nin de pícnic ao campo

-os conductores de autobuses non poden levar a viaxeiras que non vaian acompañadas dun home

- Non poden estudar, son obligadas a deixar os seus estudos tras acabar primaria ( para os talibáns os idiomas e as matemáticas son materias non aptas para as mulleres) 


 As universitarias que se manifestaron en contra de non continuar os seus estudos recibiron ameazas de morte, elas e as súas familias. É un salvaxe réxime de opresión, represión e violencia. O índice de pensamentos suicidas en relación co abandono escolar, matrimonios forzados e as maternidades precoces non fai máis que incrementarse. Reinstaurouse a flaxelación pública e a lapidación de mulleres por adulterio. 


Mentres isto ocorre, este emirato móstrase aberto ao diálogo para lograr lexitimidade da comunidade internacional que promove o acercamento para evitar unha escalada bélica (2). Rusia e sobre todo China lévanse moi ben con Afganistán. Por último, dos seus 42 millóns de habitantes , 40 millóns viven na máis absoluta pobreza. Banco Mundial


De verdade? A costa da situación das mulleres?

Para reflexionar

As imaxes foron extraídas de varias páxinas web co único fin de ilustrar esta terrible entrada. 

En cuanto as fontes consultadas foron as correspondentes ao xornal " El País" : 



1- Afganistán ocupa o último lugar (177º) no último Índice Global de Paz e Seguridade das Mulleres, elaborado polo  Instituto de Georgetown para as Mulleres, Paz e Seguridade e o Instituto de Investigación da Paz de Oslo (PRIO, por sus siglas en inglés) e publicado en octubre de 2023.

2-Evitar unha escalada bélica??? ou ter acceso ao opio, lítio e terras raras tan comúns neste país???. (P.D:  ao 9/9 24) 

Grazas a Tobi, sempre atento. 


2 comentarios: