domingo, 8 de marzo de 2015

Día da Muller 2015



Fotografías de Oihana Marco 
Fonte 

Hoxe 8 de marzo é o día internacional da Muller. Pregúntome si esta data marcada no calendario sirve para algo, pregúntome si a sociedade é consciente de como vive a muller non só no noso mundo desenvolvido, senón tamén en mundos en vías de desenvolvemento onde a visibilidade da muller é nula. 


Non sei ata que punto a xente o ten presente no día a día. Non sei ata que punto este día fai reflexionar sobre a situación verdadeira da condición feminina que fai, por exemplo, que elas perciban salarios máis baixos polos mesmos traballos que os homes.


Hai situacións que non se poden crer a estas alturas da peli pero é así: países onde a violación dentro do matrimonio é legal,; países onde ás mulleres non lle é permitido conducir por non ser " asunto de mulleres" (?); países nos que para entrar na Universidade tes que facer un test de virxinidade ( ?); países nos que unha muller non pode aceptar un traballo sen o consentimento do marido; países nos que a mutilación xenital feminina é unha práctica  normal e consentida polas propias mulleres que son axentes activos nestas accións aberrantes; países nos que a violencia contra a muller está refrendada pola lei para "correxir malos actos das mulleres" (?) ou para que a muller "obedeza" aos seus maridos. ( 1)


Tremendo. Poderíamos facer referencia a máis cuestións sobre o mundo actual e o trato que recibe a muller. Creo que non fai falta. Unha mostra, un botón. Pero..... Por que se celebra o día 8 de marzo como o día internacional da Muller? Nesta pregunta non hai un consenso claro. Leín de todo. Pero o que máis se repite é un triste episodio con dúas datas diferentes pero que no fondo conta a mesma historia: a historia dunhas mulleres traballadoras nunha fábrica textil en calqueira lugar de Estados Unidos ( podería ser Nova York ou Chicago) que se declaran en folga. Uns dín que en 1908, outros que en 1911.


  Estas mulleres reivindicaban unha xornada laboral de... dez horas!!!!! , un salario igual que os homes (aínda estamos niso) e a non explotación dos nenos no traballo.Pecháronse na fábrica onde traballaban para cambiar as cousas. O patrón mandou prender lume para obligalas a sair, cousa que non fixeron. Todas morreron. Unhas calcinadas, outras suicidadas ao tirarse polas fiestras antes de sentir o lume nos seus corpos.



 Sexa como fora, este non é un día de risas. A loita continúa e aínda que, efectivamente, moito se ten avanzado sobre todo no noso mundo privilexiado, moito hai que cambiar nas mentes das xentes que incluso para celebrar o Día da Muller, e me consta que con boa fe, recorren a imaxes plagadas de estereotipos : que taladradas/os estamos coa imaxe de: entrega, compromiso, valor, tenrura, sensibilidade, dedicación e beleza que se supón debe ter a muller!!!!!!


Todos os días son 8 de marzo e neste empeño temos que marchar xuntos mulleres e homes, estes últimos ben preto de nós como incondicional apoio. Se non é así será imposible chegar ao momento no que todos, homes e mulleres, sexamos absolutamente iguais.



As imaxes desta entrada foron extraídas de varias páxinas web. Dou o link ao traballo fantástico de Oihana Marco.

Con respecto aos textos de referencia e onde podedes atopar máis sobre a historia deste día podería poñervos moitos, pero déixovos ao voso libre albedrío para que busquedes. Pola miña parte douvos dous referencias:

- Europapress (1)
- Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario