En 2014, 1.267 millóns de persoas vivían en India.(1) Esa sociedade está estructurada en castas ás que se pertence por nacemento e das que non se pode sair para ascender na escala social. É o que ocorreu na sociedade no Occidente cristiá dende o século V ata o século XVIII.Tamén a nosa sociedade estaba estructurada dun xeito piramidal, estamental. Coas Revolucións burguesas do século XIX esto cambiou un pouco: desa estrutura pasamos a unha sociedade de clases con cambios que non veñen ao caso e á que se accedía, xa non por nacemento, senón por riqueza.
Pero isto non nos interesa agora. Volvendo ás castas en India direivos que nesta estrutura social non se pode ascender. Que supón pertencer á casta que está na base da pirámide???. Na base están os chamados intocables, os parias, os Dálits que é unha casta tan baixa que son considerados menos que cans e só permíteselles realizar os traballos máis marxinais, coma por exemplo, recoller os excrementos humáns.
Rapaces dalit na súa aldea
Dalits
As clases superiores evitaban o contacto coas súas sombras.
Podedes facervos unha lixeira idea de por onde pode ir a vida dos dalits. Pero si esto é así para a casta en xeral, fixémonos agora nas mulleres e nas nenas dalitss. Ao igual que noutros moitos países do mundo nacer nena en India é unha desgracia. O aborto selectivo ou infanticidio das nenas é algo normal e é realizado, incluso, polas súas propias nais que se non o fixeran serían afastadas das comunidades onde viven. E é, que para unha familia de parias ter unha nena supón darlle unha dote para casala. Non hai máis destino para elas.
E para darllo, deben pedir un préstamo que vai a ligar á familia para sempre aos prestamistas aos que terán que devolver, non xa o diñeiro prestado, senón os intereses xerados pola débeda. Como vedes, unha ruína. Isto por un lado, sí. Pero por outro, tamén ocorre que as nenas poden convertirse, xa de ter nacido, en devadasis, isto é en esclavas da deusa Yallamma.
Básicamente o que supón ser unha devadasi é convertirse en propiedade pública; sí, leedes ven: en propiedade pública, co cal están obrigadas a satisfacer sexualmente a todos os homes que as requiran, sen poder negarse baixo ningún concepto. Entran no templo da deusa, as máis pequenas aos catro anos, ata que chegan á pubertade. Unha vez chegada a esa idade precisa estarán obrigadas, como se dí máis arriba a satisfacer a todos os homes que as queiran. Tamén lles estará vedado, para sempre, casar.
O feito de dalas á deusa é para evitar un mal á familia. O normal é que se faga para que a deusa lles axude no caso dalgunha enfermidade. Crese que a entrega da rapaza salvará á familia. Aínda que o certo é, que si a familia a dá, non terá que preocuparse nunca máis pola dote e será unha boca menos que alimentar e da que preocuparse. Aún así, a orixe desta crenza basease na ignorancia e na superstición.
De feito, cando as devadasi chegan a un momento no que xa non son atractivas, non poden seguir no templo, son rexeitadas polas propias familias e nas súas aldeas de orixe, o que as obriga ou ben a pedir esmola ou ben a intentar gañarse a vida nos prostíbulos de cidades importantes. Outro problema ao que teñen que facer fronte é o sida, moi propagado polos camioneiros que fan o traxecto Bombay- Bangalore que é onde máis devadasis hai. Ademáis tede en conta que estas mulleres levarán con elas aos nenos e nenas que teñan nacido dos seus encontros sexuais. Unha nena nacida dunha devadasi serao tamén nun corto futuro.
Dende os anos 80' esta práctica, ser esclava sexual por relixión, está prohibido pola Constitución, pero o certo é que elas non o saben, e ás castas superiores non lles ven ben que o saiban. É unha maneira de manter á sociedade tal cual.
Devadasis nos anos 20' do S. XX
Coma sempre o cambio de mentalidade e da verdadeira comprensión da súa realidade pasa pola educación. Sen ela , non poden entender cales son os seus dereitos, nen que urxe que se formen e se preparen para que poidan negarse a un futuro que lles espera porque sí, porque así foi dende o principio dos tempos e así, inamoviblemente, seguirá sendo se elas non dín, non!!!!!!!!!
Os textos consultados para facer esta pequena entrada podedes atopalos en:
- El País
Ou escoitar este podcast de Radio Televisión Española: Aquí
En canto as imaxes, todas, excepto as que teñan ao seu pe a fonte de onde proceden, son da fotógrafa Rachel Robichaux e extraídas desta páxina con unha única intención educativa e para dar a coñecer a situación das Devadasi e das Jogini : http://cargocollective.com/rachelrobichaux/Devadasi
No hay comentarios:
Publicar un comentario