jueves, 21 de mayo de 2026

O Corpo coma Arma de Supervivencia



Este vídeo que deixo hoxe é un documental que nos ubica en Sierra Leona, en concreto na súa capital: Freetown. Aí, hai  nenas que respiran coma nenas, que teñen soños coma nenas, que xogan coma nenas, que pensan, nunha palabra, coma nenas; pero deben vender os seus corpos. Nenas entre 13 a 17 anos. Queren comer ou poder ir ao colexio. Como Aminata.

Veredes a un policía afirmando que as recollen para darlles protección según a lei ( law) e mira noutra dirección cunha cara estraña. Logo as propias nenas din que as arrestan para violalas. 

Por cada acto abxecto cobran entre 1,5 ou 2 euros e a saber polo que teñen que pasar. Uns homes chineses pídenlles que o fagan con cans. Sí, ledes ben. Ningunha quere. A miseria, o alcohol, as drogas,a maldade rodéanas. 

Moitas perderon aos seus pais e familiares pola guerra ou a epidemia do ébola. Baséome, para dicirvos estas palabras, no documental realizado por Raúl de la Fuente que recolle opinións do salesiano Jorge Crisafulli, director da casa Don Bosco Fambul, das Misións Salesianas que o produciron. 

Todo sae do texto de Isabel Valdés para o xornal " El País" que vos recomendo vivamente ler e ver , por suposto, o vídeo. 

Cando os homes son lobos para as mulleres...



miércoles, 11 de marzo de 2026

Día Internacional da Muller 2026

 



Corto e pego dun artigo do xornal "El País" de hoxe: 

"La violencia física y sexual contra las mujeres es el sonido de fondo de nuestra cotidianidad. En lo que va de 2026, en España ya han sido asesinadas 10 mujeres, un niño de 10 años y una niña de 12, por violencia machista y vicaria. Seis niñas menores de 13 son agredidas sexualmente cada día; se cometen, contra mujeres de cualquier edad, 14 violaciones cada 24 horas, según datos del Ministerio del Interior de 2025. Los chicos de entre 14 y 17 años cometen una de cada 10 agresiones con penetración. Muchas pensadoras han intentado ahondar en esta terrible herida colectiva, que es global y que no cesa.

Vía https://elpais.com/ideas/2026-03-08/como-actuar-ante-la-ola-antifeminista.html

Un pouco máis arriba aparece un novo artigo sobre feminicidios ocorridos no día de hoxe: un home, parella dunha muller, mata a esta e a dúas máis, nun incendio en Miranda de Ebro. Xa non son 10 , son 13 asasinadas no que levamos de ano. E non, non hai patrón, non hai patriarcado, as mulleres non somos cosificadas, non somos consideradas como propiedades do varón. E a xuventude está reculando con respecto á igualdade. Quen entende????

Vía https://elpais.com/espana/2026-03-11/tres-muertos-en-un-incendio-en-una-vivienda-en-miranda-de-ebro-burgos.html

domingo, 30 de noviembre de 2025

As Beguinas


"O movemento das beguinas seduce porque propón ás mulleres existir sen ser nin esposa, nin monxa, libre de toda dominación masculina". Regine Pernoud ( 1)



Estas beguinas eran mulleres laicas, non controladas pola xerarquía eclesiástica pero que sen embargo, tiñan a Deus como o "deus ex machina". Apareceron no século XII, en concreto en Lieja en 1180. Vivían en comunas autárquicas, democráticas. Facían labores caritativos: axudaban aos enfermos, eran mestras para nenas sen recursos... 


Pertencían a todos os grupos sociais e as primeiras estaban asentadas en Flandes, Brabante e Renania, e é curioso que moitas familias con diñeiro deixábanlles a herdanza e mesmo as mulleres ricas uníanse a elas. Non, non nos soan, non temos nin idea de quen foron Beatriz de Nazaret, Matilde de Madgeburgo ou Margarita Porete. Pero eran poetisas, foron precursoras da poesía mística do século XVI e eran beguinas.Tocaban algún instrumento, pintaban ou escribían e facíanno, por primeira vez, nas linguas vulgares deixando de lado o latín.  


Pero, pobriñas o que lles ía a vir... Esa querencia por ser libres, por estudar, por ser distintas ao que se esperaba delas, pasoulles factura. Foron tratadas coma meigas, seguindo o patrón xeral aplicado a aquelas que eran "diferentes". 



En seguida, as denuncias por herexía empezaron a aparecer. Marguerite Porete foi queimada viva no século XIV acusada de aturdir aos monxes e de encandilalos. 

A última beguina, xa reconducidas cara á Igrexa para poder sobrevivir, morreu en 2013. Chamábase Marcella Pattyn e tivo unha morte doce: ocorreu mentras durmía. 


 Os Beguinajes flamencos foron nomeados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1998


( 1) Pernoud, Régine: "La Virgen y sus santos en la Edad Media"


En canto ás imaxes foron extraídas de aquí