Mostrando entradas con la etiqueta II Guerra Mundial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta II Guerra Mundial. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de abril de 2022

A Violación como Crime de Guerra


É así dende o principio dos tempos. Para minar a moral dos combatentes e humillalos, os corpos das mulleres teñen sido os primeiros campos de batalla.  A violación na guerra é unha afirmación do poder e a dominación. Significa o sometimento do inimigo a través das mulleres. O importante non é a muller  xa que, nun sistema patriarcal, a muller é considerada unha propiedade do home, do seu marido, do seu pai, dos seus irmáns.... 


Pasou cando as tropas rusas entraron a sangue e fogo en Berlín durante os últimos días da II Guerra Mundial e violaron tanto a bebés como a anciás cunha bestialidade nunca vista. 


Fixéronno tamén os xaponeses en China. Recordemos as salvaxadas relatadas no descatalogado libro "O Holocausto asiático: os crimes xaponeses na II Guerra Mundial" escrito por Laurence Rees. Nel fálase de como o ultranacionalismo xaponés fixo posible que, durante 42 días en 1937 e na cidade de Nankín, leváranse a cabo todo tipo de atrocidades sen que , a día de hoxe, o goberno xaponés nen o recoñeza nen pida perdón por aquel exterminio. 


Masacraron a entre 100 mil e 300 mil persoas coa aquiescencia do emperador Hirohito. De novo unha poboación, a chinesa, era entendida coma unha raza inferior que podía e debía ser aniquilada. A poboación civil e en particular as mulleres foron quen máis sufriron. O ataque a esta poboación é considerado como unha das maiores violacións colectivas da historia. Calcúlase que entre 20 mil e 80 mil mulleres foron violadas polo exército xaponés para ser asasinadas despóis das formas máis brutais e sádicas. 


Nankín tardou meses en recuperar a normalidade: os cadáveres estaban abandoados polas rúas , as ruinas nunca foron grabadas pola prensa internacional e o goberno xaponés negou permisos para informar ata que todo rastro da barbarie foi eliminada. 


Desgraciadamente, esto non esta pasando en Ucrania e día a día podemos ver o proceso de destrución dun pobo atendendo a unha visión de novo dun ultranacionalista que quere regresar ao pasado imperial, neste caso, ruso. Esta guerra é a primeira que estamos vendo en primeira liña a través dos medios de comunicación ( exceptuando Vietnam) aínda que a desinformación pretende manipular o pensamento dalgúns occidentais e por suposto, do pobo ruso que parece non entender ou directamente non sabe o que está a suceder. 



Outra vez, as violacións están sendo utilizadas como arma de guerra, violacións neste caso polo que sabemos de nenas de entre 11 e 14 anos na localidade de Bucha onde xa se fala de xenocidio e de crímenes de lesa humanidade contra a poboación civil. Recolle un artigo de Gabriel Albiac que "os burdeles improvisados de Bucha, para violar tanto a mulleres adultas como a menores, non son unha odiosa indisciplina da soldadesca". No ano 2008, en Ucrania, as mafias do proxenetismo ruso asentáronse no epicentro do moi rentable negocio do tráfico de mulleres e nese contexto nace en Ucrania, "Femen" cuxa ideóloga, Inna Shevchenko, actualmente exilada en París, reflexiona sobre o feminismo. Afirma Albiac que as mulleres ucranianas optaron nunha porcentaxe sen precedentes en Europa, por tomar as armas para combater aos invasores rusos, e que isto non é azar. 


Recordemos tamén neste pequeno escrito a todas aquelas mulleres bosnias musulmanas, violadas sistemáticamente polos serbios nos Balcáns como forma de humillación e para deixalas embarazas de criaturas "serbias", decíanlles. Elas pasarían posteriormente polo tormento de ser repudiadas polas súas propias familias ao seren portadoras da "deshonra e a ignominia" para todo o grupo étnico e relixioso. 


En todo o mundo africano e latinoamericano, nos seus enfrontamentos por multitude de causas soldados, guerrilleiros, paramilitares e grupos armados de toda pelaxe e condición levan a cabo estas accións tan terribles que deixan tocadas para a vida ás persoas que viven estas  experiencias tan traumáticas. 


Finalmente, pero non por iso menos importante, queremos facer unha reflexión sobre a violación masculina en tempos de guerra. É algo do que ninguén fala, nin siquera os que a sufren, como se non tivera ocorrido, por vergoña, por un falso entendimento da honra e da dignidade. Ocorre en todos os conflitos armados e ninguén fala disto.  


En que clase de ser se pode convertir un humán??? 
Para reflexionar.... 

Todas as imaxes foron extraídas dunha búsqueda na rede para ilustrar esta entrada. 

En canto aos textos consultados e que poden aportar un maior coñecemento : 

1- Mujeres con Ciencia   - interesante artigo escrito por Eduardo Angulo- Consultado o 14/4/ 2022

1- National Geographic-- sobre Nakíng, consultado o 14/04/2022

2- El País también aquí --Sobre Femen, consultado o 14/04/2022


Sobre a violación masculina

viernes, 8 de marzo de 2013

O Anxo do Gueto de Varsovia: Irene Sendler


Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller que recoñece toda a loita que durante séculos, fixeron mulleres que loitaron soas por conseguir un lugar propio na sociedade rompendo co aquelo que lles era imposto polo seu sexo. O lema escollido para este ano é: "Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres". Sen embargo, eu non vou a falar da violencia, que a hai, e moita hacia nós. Eu quero falar doutra cousa.


 O 1 de setembro de 1939 Hitler invadía Polonia e con esa acción facía estourar a II Guerra Mundial. Se o cito é porque ten moito que ver co que vós vou a contar e xa o veredes se seguides lendo.



O equipo de orientación e dinamización do IES Antonio Fraguas Fraguas de Santiago de Compostela ven de poñer en acción estes días unha enquisa entre todos os alumnos do instituto que trataba de escoller o nome dunha muller cuxo labor fora importante no eido da consecución de liberdades e dereitos para as mulleres, para dar o seu nome a un espacio do Instituto. 


Unha das propostas era Clara Campoamor que tivo, no contexto da II República española ( 1931-36), un enfrontamento dialéctico con Victoria Kent ( ambas deputadas) sobre si a muller podía ou estaba preparada para votar. A muller non estaba preparada para iso según Kent, xa que votaría, non libremente, senón o que lle dixera o seu home ou o cura. Finalmente gañou a proposta de Campoamor e a muller española puido votar por primeira vez, en pe de igualdade co home.





Ademáis a Clara Campoamor se lle deben a escritura de multitude de libros, un dos cales fai referencia a outra muller grande, aínda que cuxa traxectoria tivo lugar noutro lugar e noutro tempo máis lonxano: Sor Juana Inés de la Cruz, unha muller maravillosa que renunciou á súa liberdade ingresando nun convento para poder leer, estudiar e escribir que era o que verdadeiramente quería algo que lle estaba vedado, a ela e a todas, xa que o seu destino era casar e ter fillos e nada máis. Falamos do século XVII. 



A outra proposta era Clara Zetkin, política comunista alemana que, na primeira década do século XX, loitou tamén para que as mulleres acadasen o sufraxio. Grazas a ela proclamouse o 8 de marzo, tal día coma hoxe, como o día Internacional da Muller Traballadora.



A última proposta, aínda que se deixaba aberta aos alumnos suxerir unha algunha outra muller que tivera feito algo especial polo colectivo, é a que creo que gaña por goleada. Estou escribindo esto sen saber si é así pero nas miñas clases foi claro.

Foi Irene Sendler, a chamada " O anxo do gueto de Varsovia". Por iso comecei esta entrada falando do comezo da II Guerra Mundial. Sendler era enfermeira. Era católica e foi unha resistente frente aos nazis.



Ela soa foi quen de salvar como puido e arriscando a súa vida a 2.500 rapaces e rapazas xudeus dun futuro seguro: terminar nos campos de concentración, fundamentalmente, en Treblinka.



Fíxoo de mil formas: meteunos en caixas de ferramentas, en sacos de patacas, en ataúdes...calqueira maneira era boa para poder salvalos. As novas identidades dos rapaces eran escritos e colocados en botes que serían enterrados baixo unha árbore do xardín da súa casa.



Levaba colocada no seu brazo a estrela amarela que identificaba aos xudeos para pasar inadvertida no gueto.  



Morreu fai moi pouco, no 2008 xa moi anciá, con 98 anos. O Estado de Israel deulle o recoñecemento de "Xusta entre as Nacións", recibido por todos aqueles, que non sendo xudeos ( xentiles), axudaronlles a sobrevivir dun réxime demencial do que coñecedes moitas cousas, desgraciadamente, arriscando a súa propia vida. E digo, desgraciadamente, porque ogallá nunca as páxinas da Historia relatasen algo como o que ocorreu.



Sendler foi descuberta polos nazis, torturada ( nunca falou) e condeada a morte pero os resistentes polacos rescatárona do patíbulo. A súa historia foi dada a coñecer máis tarde por estudiantes americanos. Quísoselle conceder o Premio Nobel da Paz en 2007 pero non o recibiu.

Non importa. O que importa é que se coñeza e recoñeza,  por vós, por exemplo, o seu labor e a súa coraxe.


Irene Sendler pouco antes de morrer