Mostrando entradas con la etiqueta Racismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Racismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2020

A Violencia Verbal contra a Muller




Déixovos o vídeo no que Alexandria Ocasio-Cortez responde ás "desculpas" que un político republicano fixo na Cámara de Representantes dos Estados Unidos cara a ela, despois de insultala seriamente, por un desacordo político.

O discurso de Ocasio-Cortez é brillante e deixa nun lugar patético, ao individuo chamado Yoho (congresista ao igual que ela), quen foi quen a insultou, pero tamén deixa clara e meridiana a cultura da impunidade existente na nosa sociedade que permite  que moitas mulleres teñan que soportar a violencia verbal e certos insultos proferidos polos homes cara elas, únicamente por ser mulleres. 

viernes, 7 de junio de 2013

Victoria Eugenia Santa Cruz Gamarra



Victoria Eugenia Santa Cruz Gamarra

Fai noventa e un anos que a nosa protagonista naceu en Perú. E sabedes? É negra. Isto non tería que significar nada especial. Pero sí, significa.


Agora, tan velliña, está retirada da vida pública. Viaxou por todo o mundo reivindicando a súa cor, a súa cultura, con orgullo pero tamén con resentimento ao principio. Máis tarde fixoo con coñecemento de causa, con tranquilidade, con conciencia da súa cor, do que significa. Coa súa familia, nai, pai e irmá, fundou o grupo Cumaná, unha compañía que iniciou o teatro negro no Perú.
 
https://i.ytimg.com/vi/GH-AWEbrUHo/hqdefault.jpg


Foi unha das poucas mulleres latinoamericanas e negras nomeada catedrática de Universidade; en concreto, da Carnegie Mellon de Estados Unidos na que foi profesora vitalicia.  

Acabo de atopar o vídeo da  interpretación dun poema escrito e cantado por ela que narra unha vivenza que tivo cando era moi pequena. Unha nena branca mudouse ao barrio onde ela, xunto con outras rapazas mestizas, vivían. A nena branca dixo que non xogaba si ela estaba alí. Victoria confiou nas súas amigas: a defenderían. Pero non foi así. Quedou soa. Iso marcouna de por vida. O poema chámase, "Me gritaron negra", e diría que está maravillosamente interpretado se non fose por que é terrible e por que fere moi fondo narrando o episodio que de nena ela viviu.




 “ Me gritaron negra"
(Victoria Santa Cruz)
 
Tenía siete años apenas,apenas siete años, ¡Qué siete años! ¡No llegaba a cinco siquiera!

De pronto unas voces en la calle me gritaron ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

"¿Soy acaso negra?"- me dije

¡SÍ!

"¿Qué cosa es ser negra?"

¡Negra!

Y yo no sabía la triste verdad que aquello escondía.

¡Negra!

Y me sentí negra,

¡Negra!

Como ellos decían

¡Negra!

Y retrocedí

¡Negra!

Como ellos querían

¡Negra!

Y odie mis cabellos y mis labios gruesos, y mire apenada mi carne tostada, Y retrocedí

¡Negra!

Y retrocedí . . .

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Neeegra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

Y pasaba el tiempo, y siempre amargada Seguía llevando a mi espalda mi pesada carga

¡Y cómo pesaba!...
Me alacié el cabello, me polvee la cara, y entre mis entrañas siempre resonaba la misma palabra

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Neeegra!

Hasta que un día que retrocedía , retrocedía y que iba a caer

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¿Y qué?

¿Y qué?

¡Negra!

Sí

¡Negra!

Soy

¡Negra!

Negra

¡Negra!

Negra soy

¡Negra!

Sí

¡Negra!

Soy

¡Negra!

Negra

¡Negra!

Negra soy

De hoy en adelante no quiero laciar mi cabello

No quiero

Y voy a reírme de aquellos, que por evitar -según ellos- que por evitarnos algún sinsabor

Llaman a los negros gente de color

¡Y de qué color!

NEGRO

¡Y qué lindo suena!

NEGRO

¡Y qué ritmo tiene!

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO NEGRO

Al fin

Al fin comprendí

AL FIN

Ya no retrocedo

AL FIN

Y avanzo segura

AL FIN

Avanzo y espero

AL FIN

Y bendigo al cielo porque quiso Dios que negro azabache fuese mi color

Y ya comprendí

AL FIN

¡Ya tengo la llave!

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO

NEGRO NEGRO

¡Negra soy¡

domingo, 10 de febrero de 2013

Rosa Parks e a Loita polos Dereitos Civís en Estados Unidos



Nos anos 50', e aínda antes, os homes e mulleres que eran negros non tiñan os mesmos dereitos que os que eran brancos en Estados Unidos. Nos baños públicos podíase ler "Negros Non", así como en escolas, en restaurantes, en bares.....

Sala de espera para brancos únicamente ( for white only) , anos 50


Sala de espera para negros únicamente (colored)  
na estación de autobuses en Durham nos anos 40


Baño para rapazas brancas únicamente, Carolina do Norte, anos 40 
(White Ladies Only)

Tampouco podían beber das mesmas fontes, de maneira que nesta foto que tedes debaixo podedes ver, unha para xente branca e outra na que un home afroamericano calma a súa sede.


Incluso nas máquinas que vendían Coca- Cola colocaban o carteliño de " para brancos únicamente". 


Tamén nos autobuses ocurría. Na parte de adiante sentábanse os brancos, na parte de atrás os afroamericanos. 


Tranvía en Alabama, 1930 

A todo isto, a esta separación, a esta humillación, a esta inxusticia chámaselle "segregación racial".

Pero un día de 1955 e grazas a nosa protagonista, Rosa Parks, algo cambiou:  Rosa Parks colleu o autobús coma sempre despóis dun duro día de traballo. Era costureira. Pero vendo que había unha praza libre na zona reservada aos brancos alí se sentou. Ao darse conta, o conductor parou o autobus e obligouna a deixar libre o asento. Ela negouse e foi detida. Esa noite dormiu nun calabozo da policía e tivo que pagar unha multa de catorce dólares por desobecer as leis raciais, moito diñeiro naquel tempo. 

Foto policial de Rosa Parks á esquerda e sentada nun autobus xunto a un 
xornalista que lle fixo unha entrevista días despóis de sair das dependencias policiais

Pero o detonante xa explotara. Un pouco coñecido, todavía, xoven chamado Martin Luther King organizou unha oleada de protestas por todo Estados Unidos contra a segregación e miles de afroamericanos, uns trinta mil durante case un ano, non colleron o autobus para ir a traballar. Esta presión fixo que ao ano seguinte o goberno abolise todo tipo de discriminación.


Martin Luther King, asasinado en 1968

En canto a Rosa Parks finou en 2005 aos noventa e dous anos de idade pero continuou loitando durante toda a súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos recibindo a medalla de ouro do Congreso dos EEUU.  Esta entrada no blogue quere ser o recordatorio dos 100 anos do seu nacemento que tivo lugar o día 4 deste mes.



Afortunadamente puido ver como Barack Obama pasaba á Historia por ser o primeiro home afroamericano en chegar a ser Presidente dos Estados Unidos, algo impensable pouco tempo antes. Pero tede claro que aínda hai moito por facer para desterrar das mentes das xentes que por razón de raza somos distintos.



Todas as imaxes foron extraídas de Aquí, Aquí  e Aquí onde tedes un artículo interesante sobre que é o Ku Kux Klan
-