Mostrando entradas con la etiqueta Irmás Mirabal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Irmás Mirabal. Mostrar todas las entradas
viernes, 25 de noviembre de 2016
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
domingo, 1 de diciembre de 2013
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller- 2013
Francisco de Goya: Muller maltratada cun bastón, 1796-97
Non é un fenomeno novo
Un ano máis, este 25 de novembro celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, terrible lacra que só en España durante este ano cobrouse a vida de 45 mulleres.
No IES San Paio de Tui animouse aos alumnos de 1º de ESO por parte dos seminarios de Plástica e Lingua Española a facer un traballo a través do cal recordábase dun xeito simbólico as mulleres asasinadas e líanse textos alusivos a esa violencia exercida contra as mulleres só polo feito de selo. A educación dos rapaces fronte a estas agresións e a súa concienciación son básicas para tentar erradicar esta terrible situación no futuro.
viernes, 25 de noviembre de 2011
Recordando a " As Bolboretas". Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
Todos os anos, o día 25 de novembro, celébrase o Día internacional contra a violencia de xénero, máis por que ese día e non outro?
Ten a súa razón e é a seguinte:
Escolleuse ese día en honor ás irmás Mirabal, Patria, Minerva e Mª Teresa, que morreron asasinadas por loitar contra as inxusticias e a liberdade no seu país.
As irmás Mirabal: Minerva, Patria e Mª Teresa.
Todo comeza na República Dominicana, un país situado no Mar Caribe, onde durante 30 anos o ditador Leónidas Trujillo ( que chega á presidencia a través dunhas eleccións fraudulentas), levou a cabo o seu reinado do terror, utilizando ao exército para, por medio da violencia, a tortura e o asasinato, atemorizar e impoñer o seu dominio sobre a poboación.
Mapa da República Dominicana
Enriqueceuse quitando os bens dos seus enemigos políticos ( a familia Mirabal foi unha das que quedou sen fortuna) , esixía favores sexuais ás mulleres a cambio de deixar en paz as súas familias e declaraba aos seus maridos ou pais enemigos públicos, se éstas negábanse as súas pretensións.
O ditador Leónidas Trujillo
Xóvenes estudantes,artistas e intelectuais enfrontados ao ditador fundaron o Movemento 14 de xuño para loitar por ter un país libre e xusto. Unha vez descuberto este movemento, os cárceres enchéronse de centenares de presos pertencentes a todas as clases sociais, moitos dos cales foron asasinados ao igual que as irmás que militaron neste movemento.
Por este motivo, foron perseguidas, detidas, encarceladas e torturadas varias veces e finalmente, como vos digo, brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960.
Aproveitando que os seus maridos foran trasladados dun cárcere a outro, máis próximo, no camiño de regreso despóis de velos, o seu Jeep foi interceptado por esbirros do ditador e levadas, xunto co chófer, a unha paraxe onde foron asasinadas a golpes e posteriormente lanzadas, dentro do seu coche, por un precipicio para que parecese un accidente.
As Mirabal foron chamadas " As Bolboretas" por que ese era o nome secreto que utilizaban para levar a cabo a súas actividades clandestinas.
A conmoción da súa morte foi tan fonda que un ano despóis o pobo rebelouse e Trujillo foi asasinado terminando así cunha das ditaduras máis sanguentas da zona.
Actualmente, o lugar da tumba das irmás foi convertido nun museo no seu honor. Preto del vive a irmá sobrevivinte, Dedé.
Dedé Mirabal
En 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en conmemoración da morte das "bolboretas".
Libros, como o escrito por Julia Álvarez titulado " No tempo das Mariposas", están baseados na vida das Mirabal. Este que vos cito foi levado ao cine e interpretado, entre outros actores, por Salma Hayek.
Outro libro interesante específico sobre a ditadura de Leónidas Trujillo é " A festa do chivo" de Mario Vargas Llosa que tamén foi levado á pantalla sendo Isabella Rosellini a protagonista, e por último, acabo de atopar outra película, realizada polo director dominicano, Juan Delancer que, en 2010, leva a pantalla outro filme baseado na vida das Mirabal e que se titula " Trópico de Sangue".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
+1796-97.jpg)




