Déixovos un vídeo con distintas historias de nenas preadolescentes de
Tanzania obrigadas a casarse (12, 13, 14 anos) porque é máis productivo
para a familia ter vacas que telas a elas. Veredes distintos testemuños
das nenas pero tamén dos seus pais, homes basicamente, pechando tratos
coa familia da que será o seu marido. Actualmente parece ser que neste
país, un casamento destas características significaría 30 anos de
prisión para aqueles que o permitisen, incluídos os pais de noiva. Nun
momento do vídeo veredes coma a persoa que fala coas familias para que
deixen formarse as nenas, ir a escola a saber cousas,insisten en que
desa forma máis adiante , as nenas, faranse cargo dos seus velliños.
Serán as súas futuras coidadoras.
sábado, 15 de agosto de 2020
lunes, 3 de agosto de 2020
A Violencia Verbal contra a Muller
Déixovos o vídeo no que Alexandria Ocasio-Cortez responde ás "desculpas" que un político republicano fixo na Cámara de Representantes dos Estados Unidos cara a ela, despois de insultala seriamente, por un desacordo político.
O discurso de Ocasio-Cortez é brillante e deixa nun lugar patético, ao individuo chamado Yoho (congresista ao igual que ela), quen foi quen a insultou, pero tamén deixa clara e meridiana a cultura da impunidade existente na nosa sociedade que permite que moitas mulleres teñan que soportar a violencia verbal e certos insultos proferidos polos homes cara elas, únicamente por ser mulleres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)