Como na anterior entrada fálase da Mutilación Xenital Feminin e as 18.000 mil mulleres que se expoñen a ela en España. Asha Ismail fala en primeira persoa.
Mostrando entradas con la etiqueta Mutilación Xenital Feminina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mutilación Xenital Feminina. Mostrar todas las entradas
sábado, 15 de febrero de 2020
Sobre a Mutilación Xenital Feminina ( II)
Como na anterior entrada fálase da Mutilación Xenital Feminin e as 18.000 mil mulleres que se expoñen a ela en España. Asha Ismail fala en primeira persoa.
jueves, 6 de febrero de 2020
Sobre a Mutilación Xenital Feminina (l)
No vídeo que vos deixo a activista keniana Asha Ismail, comparte a súa experiencia acompañada de oito actrices españolas que realizan un relato en primeira persoa de como afronta unha muller ser sometida a unha mutilación. Con esta estratexia a organización " Mundo Cooperante" busca " xerar empatía e mostrar que esta forma tan clara de violencia supón unha agresión directa á muller como grupo, o exemplo máis evidente de que a violencia de xénero é unha realidade global. A mutilación xenital feminina " non está motivada por razóns culturais ou relixiosas. O seu obxectivo real é controlar o corpo da muller e a súa sexualidade"
martes, 8 de marzo de 2016
Día da Muller 2016
Un ano máis chega o día 8 de marzo marcado no calendario como o día da Muller, a Muller en maiusculas, un día que pon o foco en máis da metade do planeta. Poderíamos falar aquí do "Empoderamento da muller", o "Empowerment" que se dí en inglés e resumir os principios para logralo. Este termo foi acuñado pola Conferencia Mundial das Mulleres en Beijing no ano 1995 para referirse ao incremento da nosa participación na toma de decisións e de poder. Se queredes leelo, premede na páxina da ONU que o explica: Aquí
Sen embargo, nós queremos facer fincapé noutra realidade máis palpable, máis clara, menos retórica, en principio, e entendemos máis aplicable aínda que non sabemos si de verdade cambiará a vida dalgunha muller, aínda que sexa polo menos, nun "pequeno recuncho" de este o noso mundo, cheo de sete mil millóns de persoas ( 2011) das que así, grosso modo, a metade serían mulleres e nenas.
Todo parte dunha estremecedora noticia dun xornal que afirma que 140 millóns de nenas e mulleres son mutiladas xenitalmente en todo o mundo según cifras de Amnistía Internacional.
A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.
A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.
Foto: Alejandro Vannuci
Pero esto non só ocorre en África, continente onde é moi común. Tamén ocorre en Latinoamérica e en zonas de Europa ( 500 mil víctimas). A pesar de que hai outros países africanos que teñen leis que condenan a ablación, unha vez máis a realidade é outra e a porcentaxe das mulleres ás que se lle practica segue sendo altísima. Exipto, Guinea, Kenia, Somalia e Djibouti son os lugares con máis mulleres xenitalmente amputadas do mundo.
Por esta razón, hoxe adicamos esta entrada a esta tremenda realidade poñendo en positivo o paso dado polo goberno de Nixeria que ogallá leve á práctica e que de verdade sirva para anular esta terrible lacra que lastra a vida de millóns de seres humáns no mundo únicamente por ter nacido muller.
Máis loita, máis visibilidade e sobre todo máis educación para recobrar a nosa dignidade como persoas.
Para saber máis dous artigos do xornal " El País" que non podes deixar de ler: este e este
As imaxes foron extraídas de varias páxinas web coa única intención de ilustrar esta pequena entrada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







