Mostrando entradas con la etiqueta Nenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nenas. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2026

O Corpo coma Arma de Supervivencia



Este vídeo que deixo hoxe é un documental que nos ubica en Sierra Leona, en concreto na súa capital: Freetown. Aí, hai  nenas que respiran coma nenas, que teñen soños coma nenas, que xogan coma nenas, que pensan, nunha palabra, coma nenas; pero deben vender os seus corpos. Nenas entre 13 a 17 anos. Queren comer ou poder ir ao colexio. Como Aminata.

Veredes a un policía afirmando que as recollen para darlles protección según a lei ( law) e mira noutra dirección cunha cara estraña. Logo as propias nenas din que as arrestan para violalas. 

Por cada acto abxecto cobran entre 1,5 ou 2 euros e a saber polo que teñen que pasar. Uns homes chineses pídenlles que o fagan con cans. Sí, ledes ben. Ningunha quere. A miseria, o alcohol, as drogas,a maldade rodéanas. 

Moitas perderon aos seus pais e familiares pola guerra ou a epidemia do ébola. Baséome, para dicirvos estas palabras, no documental realizado por Raúl de la Fuente que recolle opinións do salesiano Jorge Crisafulli, director da casa Don Bosco Fambul, das Misións Salesianas que o produciron. 

Todo sae do texto de Isabel Valdés para o xornal " El País" que vos recomendo vivamente ler e ver , por suposto, o vídeo. 

Cando os homes son lobos para as mulleres...



sábado, 15 de agosto de 2020

Meu Pai necesita Vacas, non a min


Déixovos un vídeo con distintas historias de nenas preadolescentes de Tanzania obrigadas a casarse (12, 13, 14 anos) porque é máis productivo para a familia ter vacas que telas a elas. Veredes distintos testemuños das nenas pero tamén dos seus pais, homes basicamente, pechando tratos coa familia da que será o seu marido. Actualmente parece ser que neste país, un casamento destas características  significaría 30 anos de prisión para aqueles que o permitisen, incluídos os pais de noiva. Nun momento do vídeo  veredes coma a persoa que fala coas familias para que deixen formarse as nenas, ir a escola a saber cousas,insisten en que desa forma máis adiante , as nenas, faranse cargo dos seus velliños. Serán as súas futuras coidadoras.

jueves, 11 de octubre de 2018

Día da Nena 2018



O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución pola que declaraba o 11 de outubro como o Día Internacional da Nena, co obxectivo de recoñecer os dereitos das nenas e os problemas extraordiarios aos que  se enfrontan en todo o mundo: matrimonios forzosos, explotación sexual, trata, aborto selectivo, ablación….Esta data é importante porque é necesario dar a coñecer ao mundo estas situacións para conseguir cambialas e empoderar as nenas para que obteñan as oportunidades que lles corresponden



domingo, 16 de agosto de 2015

As Devadasi, as Esclavas da Deusa Yallamma



En 2014, 1.267 millóns de persoas vivían en India.(1) Esa sociedade está estructurada en castas ás que se pertence por nacemento e das que non se pode sair para ascender na escala social. É o que ocorreu na sociedade no Occidente cristiá dende o século V ata o século XVIII.Tamén a nosa sociedade estaba estructurada dun xeito piramidal, estamental. Coas Revolucións burguesas do século XIX esto cambiou un pouco: desa estrutura pasamos a unha sociedade de clases con cambios que non veñen ao caso e á que se accedía, xa non por nacemento, senón por riqueza. 


Pero isto non nos interesa agora. Volvendo ás castas en India direivos que nesta estrutura social non se pode ascender. Que supón  pertencer á casta que está na base da pirámide???. Na base están os chamados intocables, os parias, os Dálits que é unha casta tan baixa que son considerados menos que cans e só permíteselles realizar os traballos máis marxinais, coma por exemplo, recoller os excrementos humáns. 




Rapaces dalit na súa aldea


Dalits

As clases superiores evitaban o contacto coas súas sombras.

 Podedes facervos unha lixeira idea de por onde pode ir a vida dos dalits. Pero si esto é así para a casta en xeral, fixémonos agora nas mulleres e nas nenas  dalitss. Ao igual que noutros moitos países do mundo nacer nena en India é unha desgracia. O aborto selectivo ou infanticidio das nenas é algo normal e é realizado, incluso, polas súas propias nais que se non o fixeran serían afastadas das comunidades onde viven. E é, que para unha familia de parias ter unha nena supón darlle unha dote para casala. Non hai máis destino para elas.


E para darllo, deben pedir un préstamo que vai a ligar á familia para sempre aos prestamistas aos que terán que devolver, non xa o diñeiro prestado, senón os intereses xerados pola débeda. Como vedes, unha ruína. Isto por un lado, sí. Pero por outro, tamén ocorre que as nenas poden convertirse, xa de ter nacido, en devadasis, isto é en esclavas da deusa Yallamma. 



Básicamente o que supón ser unha devadasi é convertirse en propiedade pública; sí, leedes ven: en propiedade pública, co cal están obrigadas a satisfacer sexualmente a todos os homes que as requiran, sen poder negarse baixo ningún concepto. Entran no templo da deusa, as máis pequenas aos catro anos, ata que chegan á pubertade. Unha vez chegada a esa idade precisa estarán obrigadas, como se dí máis arriba a satisfacer a todos os homes que as queiran. Tamén lles estará vedado, para sempre, casar. 



 O feito de dalas á deusa é para evitar un mal á familia. O normal é que se faga para que a deusa lles axude no caso dalgunha enfermidade. Crese que a entrega da rapaza salvará á familia. Aínda que o certo é, que si a familia a dá, non terá que preocuparse nunca máis pola dote e será unha boca menos que alimentar e da que preocuparse. Aún así, a orixe desta crenza basease na ignorancia e na superstición.  


De feito, cando as devadasi chegan a un momento no que xa non son atractivas, non poden seguir no templo, son rexeitadas polas propias familias e nas súas aldeas de orixe, o que as obriga ou ben a pedir esmola ou ben a intentar gañarse a vida nos prostíbulos de cidades importantes. Outro problema ao que teñen que facer fronte é o sida, moi propagado polos camioneiros que fan o traxecto Bombay- Bangalore que é onde máis devadasis hai. Ademáis tede en conta que estas mulleres levarán con elas aos nenos e nenas que teñan nacido dos seus encontros sexuais. Unha nena nacida dunha devadasi serao tamén nun corto futuro. 



Dende os anos 80' esta práctica, ser esclava sexual por relixión, está prohibido pola Constitución, pero o certo é que elas non o saben, e ás castas superiores non lles ven ben que o saiban. É unha maneira de manter á sociedade tal cual. 

Devadasis nos anos 20' do S. XX


Coma sempre o cambio de mentalidade e da verdadeira comprensión da súa realidade pasa pola educación. Sen ela , non poden entender cales son os seus dereitos, nen que urxe que se formen e se preparen para que poidan negarse a un futuro que lles espera porque sí, porque así foi dende o principio dos tempos e así, inamoviblemente, seguirá sendo se elas non dín, non!!!!!!!!! 



Os textos consultados para facer esta pequena entrada podedes atopalos en: 


Ou escoitar este podcast de Radio Televisión Española: Aquí 

En canto as imaxes, todas, excepto as que teñan ao seu pe a fonte de onde proceden, son da fotógrafa  Rachel Robichaux e extraídas desta páxina  con unha única intención educativa e para dar a coñecer a situación das Devadasi e das Jogini : http://cargocollective.com/rachelrobichaux/Devadasi

domingo, 4 de enero de 2015

Ser Nena en Etiopía


Fonte da foto: Aquí

" Por ser nena non irás á escola. Quedarás na casa para axudar coas tarefas do fogar e coidar ao fillos que nazan logo de tí. Por ser nena cargarás 25 litros de auga sobre as túas costas a diario durante horas dende que teñas sete anos ou menos. Ou tanta leña que quen che mire por detrás só poderá distinguir as túas delgadas pernas aguantando, milagrosamente, todo ese peso. Por ser nena farás todo isto descalza porque os mozos terán prioridade á hora de obter uns zapatos. Por ser nena, o teu pai elexirá un marido para tí antes de que saibas o significado do matrimonio, e moito menos, o da maternidade. Por ser nena mutilaranche os xenitais e durante toda a túa vida sufrirás dores e infeccións. Por ser nena, parirás todos os fillos que o teu marido decida e serás responsable de alimentalos e salvar as súas vidas se enferman. Por ser nena traballarás no campo de sol a sol, tamén cando estés embarazada. Así será a túa vida ata o día da túa morte, que posiblemente chegará antes de que cumpras os 58 ou os 65 anos, según o informe que se mire, porque esa é a esperanza media de vida no teu país"
Artígo de Lola Hierro publicado polo xornal " El Pais".
 2 xaneiro 2015.
 

Fonte da foto: Aquí 
 
É a primeira entrada no blogue deste ano. A miudo decimos "ano novo, vida nova". Pero témome que para moitas mulleres e nenas do mundo o novo ano non traerá novas situacións felices para elas. Por iso traduzo literalmente este texto de Lola Hierro e  deíxovos o link ao artigo por se queredes seguir sabendo.

Artigo de El País : Aquí


Fonte da foto: Aquí