Mostrando entradas con la etiqueta Patriarcado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patriarcado. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2020

A Violencia Verbal contra a Muller




Déixovos o vídeo no que Alexandria Ocasio-Cortez responde ás "desculpas" que un político republicano fixo na Cámara de Representantes dos Estados Unidos cara a ela, despois de insultala seriamente, por un desacordo político.

O discurso de Ocasio-Cortez é brillante e deixa nun lugar patético, ao individuo chamado Yoho (congresista ao igual que ela), quen foi quen a insultou, pero tamén deixa clara e meridiana a cultura da impunidade existente na nosa sociedade que permite  que moitas mulleres teñan que soportar a violencia verbal e certos insultos proferidos polos homes cara elas, únicamente por ser mulleres. 

lunes, 13 de julio de 2020

Reflexións Sobre o Feminismo




"Ser feminista é a única opción decente no noso mundo" (...)


O feminismo é unha teoría, un movemento social e unha práctica emancipadora, que busca liberar fundamentalmente ás mulleres da imposición de xénero que determinará que espazo ocupan, en que condicións traballarán, que deben estudar, como deben ser, sentir, desexar, ocupar o espazo, amar,etc (...)


Conceptualizar o patriarcado é unha das grandes aportacións que a teoría feminista nos deu; gracias a iso comprendemos que as nosas sociedades están organizadas segundo un modelo que outorga o poder (político, económico, relixioso, cultural, simbólico, etc..) ao colectivo dos varóns. (...)


As mulleres, xa que logo, consitúen un grupo humano que , a pesar da súa diversidade comparte a situación de opresión con respecto ao conxunto dos homes. Por iso , o feminismo reivindica dereitos para as mulleres: porque falar de igualdade en abstracto, sen facerse cargo da situación desigual de partida , é papel mollado. (...)


O feminismo promove un cambio de paradigma, unha nova forma de mirar a realidade na que o varón deixe de ser o centro e a norma. O patriarcado é un sistema de poder en máns masculina, o feminismo exise o reparto dese poder, e iso supón que os varóns perdan privilexios que asumiron como dereitos. O feminismo é unha toma de conciencia duha estrutura de opresión e a vontade individual e colectiva de transformala. (...)


Falamos de mulleres pero, pódese facer tal cousa? Que ten en común unha alta executiva de Nova York e unha campesiña de Gambia? Que papel xoga a clase social, a etnia, a relixión, a diversidade funcional? (...)


Afirmamos que o feminismo busca a liberación das mulleres fundamentalmente, e quen son as mulleres? (...) Cal é o papel ( dos homes) en todo isto? Hai homes feministas? Pode habelos?  (...)


Este texto é unha selección extraída da introdución ao libro : 

- VVAA: "Feminismos. La Historia". Editorial Akal, Madrid, 2019

A imaxe foi resultado dunha búsqueda xeral en Internet. 

miércoles, 10 de febrero de 2016

Para Non Esquecer, O Machismo Mata


 http://www.estheraguirre.es/wp-content/uploads/2013/06/Copia-de-aficheuno.jpg

 En España morreron máis de 1.000 mulleres dende o ano 2000 a máns das súas parellas ou ex parellas.Son máis mortes que as provocadas polo terrorismo de ETA en toda a súa historia. "Salvados" de Jordi Évole da Sexta volve cun programa que pon o foco no drama da violencia machista. Para velo enteiro e reflexionar. Preme abaixo para ver o programa sen cortes. Imprescindible. 

http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-11-machismo-mata_2016020400463.html