Grazas a Adriana Echeverría de Magma por ensinarnos!!!
miércoles, 22 de diciembre de 2021
sábado, 18 de diciembre de 2021
sábado, 27 de noviembre de 2021
jueves, 25 de noviembre de 2021
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021.
As mulleres seguen a ser asasinadas polo feito de ser mulleres como afirma a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, a xuíz Victoria Rosell . Máis de 53 mil mulleres e 9 mil menores teñen seguimento policial por violencia machista en España. Este é o encabezamento da noticia principal do xornal español "El País", tal día coma hoxe.
domingo, 31 de octubre de 2021
miércoles, 25 de agosto de 2021
viernes, 7 de mayo de 2021
A Muller Española a Finais do S. XIX e Principios do S. XX
En si mesma, a muller non é como o home, un ser completo; é só un instrumento da reprodución, a destinada a perpetuar a especie; mentres que o home é o encargado de facela progresar, o xerador da intelixencia (...), creador do mundo social .
La Vanguardia, 26- 2- 1889 ( castelán)
Para as mulleres españolas non hai, en xeral , máis carreira que a do matrimonio. O pai que ten un fillo varón pode a priori calcular o que será o seu descendente (...), pero se ten fillas, non sabe que serán estas ata o día en que se lles impoña santo xugo. Tampouco o saben elas...serán o que sexa o seu marido.
Isto fai do porvir da muller unha lotería. Cada unha delas leva sobre a súa linda cabeciña o cántaro da leiteira e a que máis e a que menos soña cun príncipe xentil, fermoso e rico, que o día menos pensado vai vir de aló, de rexións marabillosas, a pedir a branca man da soñada doncela. O príncipe non vén, e a moza casadeira apanda co mortal bastante heroico que se decide a ingresar no gremio dos casados (...). Cantas rapazas bonitas fantasiaron casar cun cabaleiro da Mesa Redonda e tiveron que contentarse cun vulgar dependente de ultramarinos!
As nenas casadeiras, Eco de Santiago, 14-2-1900( castelán)
Así como o home, ademais do seu entendemento, posúe aptitudes físicas que elle permiten afrontar a loita dos comicios, pola contra a muller, que ten con frecuencia gran sagacidade, está menos dotada da capacidade de xeneralizar e non se fixa moito en cuestións públicas ( ...) ; ademais, a súa saúde, relativamente feble, a súa santa función de nai, o seu pudor, impide que asista a reunións electorais, a asembleas ruidosas e a loitas ardentes. Non foi o lexislador quen dispuxo este modo de ser da muller; foi a natureza ( ...) Por máis que se diga, o exercicio dos dereitos políticos privaría ás mulleres do tempo necesario para atender aos deberes propios do seu sexo (...) . Desde o instante en que a igualdade de dereitos políticos exista na familia, fácil será que desapareza a harmonía entre o marido e a muller.
R. Fernández Villaverde. Consideracións historico-críticas sobre o sufraxio universal como órgano de representación política nas sociedades modernas . 1889 ( castelán)
Se entre un home científico, un filósofo e un analfabeto non existe diferenza ningunha e os seus votos pesan igualmente nos destinos do país, cabe preguntar : por que se exclúe a muller?
El Correo de Galicia , 28-11-1911 ( castelán)
Iso de que a muller, por exemplo unha viúva ou unha solteira, que paga contribución, unha nai de familia, titora dos seus fillos, persoas todas de capacidade, non teñan voto, non poidan intervir e , en cambio, o teña calquer pailán, que nin sequera sabe poñer a súa sinatura, só porque é home , é un absurdo, un contrasentido .
El Correo de Galicia , 10-2-1917 ( castelán)
Comentario dos textos
Este sete documentos
de carácter primario reflicten a
situación da muller na sociedade española na segunda metade do século XIX e os
primeiros anos do XX.
A muller vivía
completamente subordinada ao home, ( documento 1), fragmento de La Vanguardia:
“a muller [...] é só un instrumento da reprodución [...] mentres que o home é
[...] o xerador de intelixencia”. O xornal Eco de Santiago (texto 2) non queda
atrás e afirma que “para as mulleres españolas non hai [...] máis carreira que
a do matrimonio” (l.1) e que elas serán unicamente o que sexa o seu marido,
facendo do seu porvir “unha lotería” (l.4) Tamén se fai referencia ao príncipe
“xentil, fermoso e rico” co que toda moza soña e fantasea. Se ben esas ideas da
reprodución e o matrimonio como únicos propósitos da muller nos resultan hoxe
sorprendentes polo alto grao de misoxinia que denotan, degradando á muller ao
nivel dun obxecto co que procrear e satisfacerse, a imaxe do príncipe que ocupa
as fantasías de toda moza todavía segue moi vixente na actualidade, e
principalmente no público feminino máis vulnerable a estes estereotipos: o
infantil.
Afortunadamente, os
últimos dous fragmentos, asinados por El Correo de Galicia en 1911 e 1917 son
testemuña dun claro progreso na consecución dos dereitos femininos,
concretamente, no dereito ao voto. O primeiro lanza unha pregunta retórica
cargada de contundencia: se os analfabetos teñen o dereito a votar na mesma
medida que filósofos ou científicos, por que as mulleres non poden gozar del? O
segundo vén a dicir o mesmo, mais cun matiz que lembra ao exposto por Arenal
medio século antes: as mulleres teñen obrigas, como pagar a contribución (l.1),
pero non gozan dun dereito básico do que ata o home máis inculto dispón.
Comentario : Mario Elías Blanco Boullosa, 2º Bacharelato. Ies Torrente Ballester, Pontevedra
sábado, 27 de marzo de 2021
O Feminismo en Pandemia
Deixámosvos un vídeo de Marta Flich que pensamos di claramente por que é necesario ser feminista: mulleres e homes. Xuntos. Sen eles, sen compañeiros que vexan a nosa realidade, a desigualdade, a discriminación, a inxustiza, non se poderá cambiar nada. Porque feminismo é igual a igualdade!!
lunes, 8 de marzo de 2021
martes, 16 de febrero de 2021
Unha Muller ao mando do Comercio Mundial
Ngozi Okonjo-Iweala
Non debería ser noticia nun mundo normalizado de verdade. Pero é que non vivimos nun mundo normalizado. Por esa razón, queremos recoller neste pequeno espazo, a noticia do ascenso á presidencia da Organización Mundial do Comercio ( OMC) da economista Ngozi Okonjo-Iweala, por ser muller e por ser africana. Naceu en Nixeria fai 66 anos.
Asume o posto dun órgano que supervisa as regras do comercio global e que se atopa actualmente na maior crise dende a súa fundación en 1995. As diferencias entre os principais bloques comerciais con China, Estados Unidos e a Unión Europea con visións contrapostas , así como as tensións entre países en desenvolvemento e industrializados, fan que isto sexa así.
Comentan que é " espectacular mirala entrar nunha sala. É todo forza e non só intelectualmente, a súa apariencia enche a sala nun mundo con maioría de homes vestidos de gris". (1)
Non ten un perfil baixo. É licenciada por Harvard cun doctorado no Massachusetts Institute of Technology ( MIT) en Economía do desenvolvemento. Forma parte, dende fai anos, da lista de mulleres máis influíntes do mundo, segundo publicacións como a revista Forbes , Fortune o Time.
E si está facendo historia actualmente, xa a fixo no pasado pois ocupou o Ministerio de Finanzas de Nixeria en dúas ocasións, foi Ministra de Exteriores tamén no seu país e estivo máis de 25 anos no Banco Mundial onde foi número dous do organismo como directora de Operacións.
Dende o Banco Mundial afirman que " é moi boa buscando apoios e sentando consensos" Isto último, nestes momentos, é fundamental.
Parabéns!
Os textos de referencia utilizados para facer esta pequena reseña pertencen ao xornal español ao que seguimos case palabra por palabra El País : Aquí e Aquí ,
Nesas direccións atoparedes máis información sobre esta economista así como na última fotografía extraída de BBC News
Deixamos tamén a dirección da páxina da OMC.