martes, 16 de febrero de 2021

Unha Muller ao mando do Comercio Mundial

 

Ngozi Okonjo-Iweala

Non debería ser noticia nun mundo normalizado de verdade. Pero é que non vivimos nun mundo normalizado. Por esa razón, queremos recoller neste pequeno espazo, a noticia do ascenso á presidencia da Organización Mundial do Comercio ( OMC) da economista Ngozi Okonjo-Iweala, por ser muller e por ser africana. Naceu en Nixeria fai 66 anos. 



Asume o posto dun órgano que supervisa as regras do comercio global e que se atopa actualmente na maior crise dende a súa fundación en 1995. As diferencias entre os principais bloques comerciais con China, Estados Unidos e a Unión Europea con visións contrapostas , así como as tensións entre países en desenvolvemento e industrializados, fan que isto sexa así. 

Fonte

Comentan que é " espectacular mirala entrar nunha sala. É todo forza e non só intelectualmente, a súa apariencia enche a sala nun mundo con maioría de homes vestidos de gris". (1)

Non ten un perfil baixo. É licenciada por Harvard cun doctorado no Massachusetts Institute of Technology ( MIT) en Economía do desenvolvemento. Forma parte, dende fai anos, da lista de mulleres máis influíntes do mundo, segundo publicacións como a revista Forbes , Fortune o Time. 

E si está facendo historia actualmente, xa a fixo no pasado pois ocupou o Ministerio de Finanzas de Nixeria en dúas ocasións, foi Ministra de Exteriores tamén no seu país e estivo máis de 25 anos no Banco Mundial onde foi número dous do organismo como directora de Operacións. 

Dende o Banco Mundial afirman que " é moi boa buscando apoios e sentando consensos"  Isto último, nestes momentos, é fundamental.


Fonte

Parabéns! 

Os textos de referencia utilizados para facer esta pequena reseña pertencen ao xornal español ao que seguimos case palabra por palabra El País : Aquí  e Aquí , 

Nesas direccións atoparedes máis información sobre esta economista así como na última fotografía  extraída de BBC News

Deixamos tamén a dirección da páxina da OMC.