viernes, 25 de noviembre de 2022

Día Internacional Para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres 2022

 


Campaña Concello de Pontevedra © Concello de Pontevedra
Deseño collage : fotógrafa  Beatriz Císcar

Dende este pequeno espazo sempre pensamos que sen os homes ao noso lado, homes que rexeiten todo tipo de maltrato á muller por ser muller, que non rían as grazas de aqueles que non teñen interiorizada a equidade e o respecto cara a muller e os paren, non seremos capaces de avanzar na loita de chegar a igualdade  de verdade . Necesitamos a eses homes que saben que somos iguais en dereitos, que deben loitar con nós por acadar o que debemos ter sendo a metade da poboación do planeta, que teñan empatía, que se ergan cando vexan inxustizas cara nós ,que sexan quen de parar unha charleta de bar na que unha muller está sendo vítima de ataques verbais... En fín....Homes.......Nenos dende ben pequenos, na escola, no instituto, na Universidade, en todos os lugares....... Homes, connosco!!!!   

Vía Pontevedra Viva 

viernes, 18 de noviembre de 2022

Sobre o Bulling


 Este blogue aínda que naceu coa función de dar a coñecer a situación da muller en moitos lugares do mundo, neste punto quere ser un caixón de sastre no que poidamos mostrar vídeos, documentos ou calquera cousa que nos toque como profesores que estamos en contacto diario cos nosos alumnos. Hoxe deixamos unha entrada que nos parece fundamental para entender o fenómeno do bulling que parece ser está moi extendido e moito máis tras a pandemia. 


Este periodista ( Jesús Quintero) acaba de deixarnos fai pouco pero este monólogo non ten desperdicio e está no fondo do que pensamos que é molestar e violentar a distintos estudantes. É tal cual. A partir das sentencias das que fala o periodista entendemos por que hai rapaces que sufren bulling a máns doutros que están no sistema pero que non exercen, que saben ler e escribir pero son analfabetos funcionais e que non teñen máis armas para sentirse satisfeitos que maltratando a aqueles que teñen outras inquedanzas. 


A pregunta é : que podemos facer ao respecto? Que se pode facer para salvar aos que teñen que soportar a violencia daqueles que se sinten menos e empréndena cos que non teñen que ver coa súa vida? 

Que se pode facer con estes que utilizan a violencia porque nada teñen e porque moi probablemente nada terán se seguen así ... 

Ou sí ??? Ogallá!!!!!!