Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de noviembre de 2021

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021.

 


As mulleres seguen a ser asasinadas polo feito de ser mulleres como afirma a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, a xuíz Victoria Rosell . Máis de 53 mil mulleres e 9 mil menores  teñen seguimento policial por violencia machista en España. Este é o encabezamento da noticia principal do xornal español "El País", tal día coma hoxe. 



Dispositivos que permiten saber onde se atopa o maltratador en cada momento do día, casas de acollida, máis de  mil policías nacionais e gardas civís especializados que crean plans personalizados para cada caso, 16 millones de euros destinados a combater a violencia contra as mulleres no seo da parella, horas de traballo perdidas, asistencia ás vítimas no sistema de saúde ou análises forenses.....O sufrimento das familias ( mulleres e fillos) é brutal. Sen embargo, parece que nada pode parar tamaña infamia.  



A partir do 1 de xaneiro comenzarán a contabilizarse os asasinatos de mulleres máis aló daqueles que se producen no seo da parella ou exparella, do que existe un reconto exhaustivo e único en Europa con 1.118 vitimas mortais dende 2003 . Incluiranse, tamén, mulleres asasinadas por violencia sexual, as que son agredidas ata a morte no seo da familia ou os asasinatos coñecidos como violencia vicaria, é decir, cando se ataca aos fillos e fillas para facer dano a nai. Non pode existir algo máis terrible e cruel

Unha violencia que tamén é exercida en situacións de explotación sexual e trata... Violacións grupais, grabadas con móbiles, as veces con individuos que miran e non fan nada por parar tamaña iniquidade. A  pornografía que comezan a ver os nenos con 10 anos e que mostra o desprecio e a brutalidade co que se trata as mulleres. ...  Cada seis horas , segundo o último balance de criminalidade do Ministerio de Interior a 16 de novembro deste ano (1) ,é violada unha muller en España o que supón un incremento dun 30 % con respecto ao ano anterior . Hai unha maior disposición das vítimas a denunciar os delitos.




37 mulleres foron asasinadas este ano e 330 menores perderon a vida dende 2013 por violencia vicaria. 

É curioso que agora, cando máis se fala da violencia nos institutos , unha de cada catro rapazas de entre 16 e 17 anos ten sufrido agresións físicas ou psicolóxicas e un de cada cinco varóns de 15 a 29 anos , o doble de fai cinco anos, afirma que non hai tal violencia, que é un " invento ideolóxico".(2)



Agora hai que engadir á violencia outro xeito dela:  control dos móbiles, violencia nas redes con comentarios ferintes e sen sentido, fotos inapropiadas subidas a determinadas plataformas... Aquel que diga que non existe a violencia machista contra a muller por ser muller e por ser considerada coma propiedade do home é un ser, simplemente, inmoral.  









martes, 29 de diciembre de 2020

25-N 2020 (II)

 


Samuel Tazón Calvo 

O Escultor da Realidade

Dende o IES Torrente Ballester de Pontevedra estivemos traballando con algúns alumn@se 2º de ESO  para conciencialos sobre a violencia de xénero, máis acuciada se cabe porque nas cuarentenas, moitas mulleres están a vivir cos seus maltratadores as 24 horas do día. 


Alexandra Corredoira Peleteiro

A Lúa da Meiga

Alexandra, levou o primeiro premio na categoría da ESO no Concurso contra a Violencia de Xénero 
organizado pola Subdelegación do Goberno pero con outra fotografía 



Noa Boullosa Rebollo 

13 Ideas

É imperativo educar a mocidade na autoestima, no cariño, na empatía, na noción de igualdade entre sexos para que mulleres e homes camiñen xuntos axudándose e respetándose. Esta é a senda e estos son os traballos que os pequenos e pequenas realizaron. 




Sara Peón Lorenzo

Peón de Rei 



Andrea de Jesús Félix 

Aitana

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Sobre a Violencia de Xénero 2019



Marina Marroquí da a súa testemuña como vítima de xénero, como vítima dunha violencia inusitada que padeceu dende os 15 aos 19 anos e fai reflexións. Déixovos unha curta de cinco minutos que lévavos, se queredes á charla que durante unha hora deu esta educadora social para concienciar e meditar sobre esta lacra social. 

domingo, 1 de diciembre de 2013

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller- 2013



 Francisco de Goya: Muller maltratada cun bastón, 1796-97

Non é un fenomeno novo

 Un ano máis, este 25 de novembro celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, terrible lacra que só en España durante este ano cobrouse a vida de 45 mulleres.

No IES San Paio de Tui animouse aos alumnos de 1º de ESO por parte dos seminarios de Plástica e Lingua Española a facer un traballo a través do cal recordábase dun xeito simbólico as mulleres asasinadas e líanse textos alusivos a esa violencia exercida contra as mulleres só polo feito de selo. A educación dos rapaces fronte a estas agresións e a súa concienciación son básicas para tentar erradicar esta terrible situación no futuro.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Recordando a " As Bolboretas". Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Todos os anos, o día 25 de novembro, celébrase o Día internacional contra a violencia de xénero, máis por que ese día e non outro?

Ten a súa razón e é a seguinte:

Escolleuse ese día en honor ás irmás Mirabal, Patria, Minerva e Mª Teresa, que morreron asasinadas por loitar contra as inxusticias e a liberdade no seu país.


As irmás Mirabal:  Minerva, Patria e Mª Teresa.


Todo comeza na República Dominicana, un país situado no Mar Caribe, onde durante 30 anos o ditador Leónidas Trujillo ( que chega á presidencia a través dunhas eleccións fraudulentas), levou a cabo o seu reinado do terror, utilizando ao exército para, por medio da violencia, a tortura e o asasinato, atemorizar e impoñer o seu dominio sobre a poboación. 


Mapa da República Dominicana


Enriqueceuse quitando os bens dos seus enemigos políticos ( a familia Mirabal foi unha das que quedou sen fortuna) , esixía favores sexuais ás mulleres a cambio de deixar en paz as súas familias e declaraba aos seus maridos ou pais enemigos públicos, se éstas negábanse as súas pretensións.


O ditador Leónidas Trujillo


Xóvenes estudantes,artistas e intelectuais enfrontados ao ditador fundaron o Movemento 14 de xuño para loitar por ter un país libre e xusto. Unha vez descuberto este movemento, os cárceres enchéronse de centenares de presos pertencentes a todas as clases sociais, moitos dos cales foron asasinados ao igual que as irmás que militaron neste movemento.

 Por este motivo, foron perseguidas, detidas, encarceladas e torturadas varias veces e finalmente, como vos digo, brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960.

Aproveitando que os seus maridos foran trasladados dun cárcere a outro, máis próximo, no camiño de regreso despóis de velos, o seu Jeep foi interceptado por esbirros do ditador e levadas, xunto co chófer, a unha paraxe onde foron asasinadas a golpes e posteriormente lanzadas, dentro do seu coche, por un precipicio para que parecese un accidente.




As Mirabal foron chamadas " As Bolboretas" por que ese era o nome secreto que utilizaban para levar a cabo a súas actividades clandestinas.




A conmoción da súa morte foi tan fonda que un ano despóis o pobo rebelouse e Trujillo foi asasinado terminando así cunha das ditaduras máis sanguentas da zona.

Actualmente, o lugar da tumba das irmás foi convertido nun museo no seu honor. Preto del vive a irmá sobrevivinte, Dedé.


Dedé Mirabal


En 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en conmemoración da morte das "bolboretas".

Libros, como o escrito por Julia Álvarez titulado " No tempo das Mariposas", están baseados na vida das Mirabal. Este que vos cito foi levado ao cine e interpretado, entre outros actores, por Salma Hayek.

Outro libro interesante específico sobre a ditadura de Leónidas Trujillo é " A festa do chivo" de Mario Vargas Llosa que tamén foi levado á pantalla sendo Isabella Rosellini a protagonista, e por último, acabo de atopar outra película, realizada polo director dominicano, Juan Delancer que, en 2010, leva a pantalla outro filme baseado na vida das Mirabal e que se titula " Trópico de Sangue".