jueves, 25 de noviembre de 2021

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021.

 


As mulleres seguen a ser asasinadas polo feito de ser mulleres como afirma a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, a xuíz Victoria Rosell . Máis de 53 mil mulleres e 9 mil menores  teñen seguimento policial por violencia machista en España. Este é o encabezamento da noticia principal do xornal español "El País", tal día coma hoxe. 



Dispositivos que permiten saber onde se atopa o maltratador en cada momento do día, casas de acollida, máis de  mil policías nacionais e gardas civís especializados que crean plans personalizados para cada caso, 16 millones de euros destinados a combater a violencia contra as mulleres no seo da parella, horas de traballo perdidas, asistencia ás vítimas no sistema de saúde ou análises forenses.....O sufrimento das familias ( mulleres e fillos) é brutal. Sen embargo, parece que nada pode parar tamaña infamia.  



A partir do 1 de xaneiro comenzarán a contabilizarse os asasinatos de mulleres máis aló daqueles que se producen no seo da parella ou exparella, do que existe un reconto exhaustivo e único en Europa con 1.118 vitimas mortais dende 2003 . Incluiranse, tamén, mulleres asasinadas por violencia sexual, as que son agredidas ata a morte no seo da familia ou os asasinatos coñecidos como violencia vicaria, é decir, cando se ataca aos fillos e fillas para facer dano a nai. Non pode existir algo máis terrible e cruel

Unha violencia que tamén é exercida en situacións de explotación sexual e trata... Violacións grupais, grabadas con móbiles, as veces con individuos que miran e non fan nada por parar tamaña iniquidade. A  pornografía que comezan a ver os nenos con 10 anos e que mostra o desprecio e a brutalidade co que se trata as mulleres. ...  Cada seis horas , segundo o último balance de criminalidade do Ministerio de Interior a 16 de novembro deste ano (1) ,é violada unha muller en España o que supón un incremento dun 30 % con respecto ao ano anterior . Hai unha maior disposición das vítimas a denunciar os delitos.




37 mulleres foron asasinadas este ano e 330 menores perderon a vida dende 2013 por violencia vicaria. 

É curioso que agora, cando máis se fala da violencia nos institutos , unha de cada catro rapazas de entre 16 e 17 anos ten sufrido agresións físicas ou psicolóxicas e un de cada cinco varóns de 15 a 29 anos , o doble de fai cinco anos, afirma que non hai tal violencia, que é un " invento ideolóxico".(2)



Agora hai que engadir á violencia outro xeito dela:  control dos móbiles, violencia nas redes con comentarios ferintes e sen sentido, fotos inapropiadas subidas a determinadas plataformas... Aquel que diga que non existe a violencia machista contra a muller por ser muller e por ser considerada coma propiedade do home é un ser, simplemente, inmoral.