sábado, 3 de diciembre de 2011

Liña de tempo sobre o dereito ao voto das mulleres.

Nesta liña de tempo atopaderes algunhas datas sobre o momento en que as mulleres tiveron acceso ao voto  nalgúns países.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Ficha para traballar sobre a prevención da violencia de xénero.

Ficha para o alumnado sobre a violencia de xénero


A fonte de este documento atópase na seguinte páxina web editada pola Junta de Andalucía: Aquí

Gustaríame, ademáis, dar as grazas ao Departamento de Orientación do IES Lucus Augusti de Lugo, onde me atopo actualmente, pola súa aportación á realización de este traballo que supón, esperemos, unha vez exposto na clase,  desterrar algunhas das falsas crenzas máis arraigadas nos nosos alumnos e na sociedade en xeral ( xa que eles son un reflexo dela) sobre a violencia machista.


viernes, 25 de noviembre de 2011

Recordando a " As Bolboretas". Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Todos os anos, o día 25 de novembro, celébrase o Día internacional contra a violencia de xénero, máis por que ese día e non outro?

Ten a súa razón e é a seguinte:

Escolleuse ese día en honor ás irmás Mirabal, Patria, Minerva e Mª Teresa, que morreron asasinadas por loitar contra as inxusticias e a liberdade no seu país.


As irmás Mirabal:  Minerva, Patria e Mª Teresa.


Todo comeza na República Dominicana, un país situado no Mar Caribe, onde durante 30 anos o ditador Leónidas Trujillo ( que chega á presidencia a través dunhas eleccións fraudulentas), levou a cabo o seu reinado do terror, utilizando ao exército para, por medio da violencia, a tortura e o asasinato, atemorizar e impoñer o seu dominio sobre a poboación. 


Mapa da República Dominicana


Enriqueceuse quitando os bens dos seus enemigos políticos ( a familia Mirabal foi unha das que quedou sen fortuna) , esixía favores sexuais ás mulleres a cambio de deixar en paz as súas familias e declaraba aos seus maridos ou pais enemigos públicos, se éstas negábanse as súas pretensións.


O ditador Leónidas Trujillo


Xóvenes estudantes,artistas e intelectuais enfrontados ao ditador fundaron o Movemento 14 de xuño para loitar por ter un país libre e xusto. Unha vez descuberto este movemento, os cárceres enchéronse de centenares de presos pertencentes a todas as clases sociais, moitos dos cales foron asasinados ao igual que as irmás que militaron neste movemento.

 Por este motivo, foron perseguidas, detidas, encarceladas e torturadas varias veces e finalmente, como vos digo, brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960.

Aproveitando que os seus maridos foran trasladados dun cárcere a outro, máis próximo, no camiño de regreso despóis de velos, o seu Jeep foi interceptado por esbirros do ditador e levadas, xunto co chófer, a unha paraxe onde foron asasinadas a golpes e posteriormente lanzadas, dentro do seu coche, por un precipicio para que parecese un accidente.




As Mirabal foron chamadas " As Bolboretas" por que ese era o nome secreto que utilizaban para levar a cabo a súas actividades clandestinas.




A conmoción da súa morte foi tan fonda que un ano despóis o pobo rebelouse e Trujillo foi asasinado terminando así cunha das ditaduras máis sanguentas da zona.

Actualmente, o lugar da tumba das irmás foi convertido nun museo no seu honor. Preto del vive a irmá sobrevivinte, Dedé.


Dedé Mirabal


En 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en conmemoración da morte das "bolboretas".

Libros, como o escrito por Julia Álvarez titulado " No tempo das Mariposas", están baseados na vida das Mirabal. Este que vos cito foi levado ao cine e interpretado, entre outros actores, por Salma Hayek.

Outro libro interesante específico sobre a ditadura de Leónidas Trujillo é " A festa do chivo" de Mario Vargas Llosa que tamén foi levado á pantalla sendo Isabella Rosellini a protagonista, e por último, acabo de atopar outra película, realizada polo director dominicano, Juan Delancer que, en 2010, leva a pantalla outro filme baseado na vida das Mirabal e que se titula " Trópico de Sangue".

domingo, 13 de noviembre de 2011

Algunhas Mulleres para a Historia.




Todas as imaxes utilizadas para a realización de este traballo están extraídas de Wikimedia Commons de libre utilización e dominio público

Sen embargo, colocarei links directos ás imaxes máis recentes porque así o quere o usuario que as comparte. É o caso das fotografías de :

- Wangari Muta Maathai: Aquí.

- Benazir Bhutto: Aquí.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Un pouco de Historia sobre as Mulleres

Un pouco de historia sobre as mulleres Nesta presentación poderedes facer un breve percorrido pola situación da muller na Historia: dende a proclamación dos Dereitos Humanos na Declaración  de Independencia de Estados Unidos que as mantivo ao marxe ; coñeceredes un pouquiño a Olympe de Gouges, ás Sufraxistas e, en xeral, a situación que viven hoxe en día moitas mulleres tanto nos países desenvolvidos como subdesenvolvidos. Do mesmo modo saberedes que hai intentos de cambiar un panorama, que lonxe de equiparar os dereitos de mulleres e homes en moitos sitios da terra, estes son pisoteados continuamente,  sendo consideradas menos que nada. 
View more presentations from holgam

martes, 1 de noviembre de 2011

África: un exemplo extremo da situación da muller.

E seguimos coas mulleres no mundo. Gustaríame que mirárades este vídeo e que intentásedes contestar ás preguntas que seguen: 



Preguntas:

1) Onde foi rodado este pequeno  documental?
2) Que mensaxe difunden esta mulleres que están cantando? Que din?
3) Cales pensas que son as causas da situación na que viven?
4) Por que cres que esta situación se repíte, con variacións, sobre todo en zonas de conflito e tamén en países en vías de desenvolvemento?

domingo, 30 de octubre de 2011

A situación das mulleres no mundo.

O mes de xullo pasado cumplíuse o primeiro aniversario da creación, por parte das Nacións Unidas, de ONU Mulleres, a entidade da ONU para a igualdade de xénero.

Esta creación forma parte da reforma da ONU para unificar recursos e mandatos co obxectivo de obter un maior impacto no mundo.No documento de presentación onde se fai unha análise de 134 países,  reflíctense realidades que nos fan pensar que a igualdade de xénero aínda está pendente en numerosos lugares do mundo.

Hai cambios positivos con respecto ás mulleres ( melloras nos niveles de educación, incorporación importante ao mundo do traballo e logros políticos con relación aos seus dereitos), pero en xeral, e como dí Susana María Veleda da Silva, noutros continentes ( países de África e Asia) atopamos a discriminación,a mutilación femenina con consecuencias gravísimas para a saúde física e psíquica das mulleres, o turismo sexual, problemas de equiparación salarial, discriminación... A violencia doméstica é unha das principais causas de lesións e mortes nas mulleres no  mundo, un mundo no que en maior ou menor grado, esta situación é consentida ou ignorada polos Estados, dado que trátase dun " asunto privado".

Aínda queda moito por andar.

Fonte: Aquí

Fonte da imaxe: Aquí