Vía Iremusical
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas
sábado, 8 de marzo de 2025
domingo, 1 de marzo de 2020
martes, 8 de marzo de 2016
Día da Muller 2016
Un ano máis chega o día 8 de marzo marcado no calendario como o día da Muller, a Muller en maiusculas, un día que pon o foco en máis da metade do planeta. Poderíamos falar aquí do "Empoderamento da muller", o "Empowerment" que se dí en inglés e resumir os principios para logralo. Este termo foi acuñado pola Conferencia Mundial das Mulleres en Beijing no ano 1995 para referirse ao incremento da nosa participación na toma de decisións e de poder. Se queredes leelo, premede na páxina da ONU que o explica: Aquí
Sen embargo, nós queremos facer fincapé noutra realidade máis palpable, máis clara, menos retórica, en principio, e entendemos máis aplicable aínda que non sabemos si de verdade cambiará a vida dalgunha muller, aínda que sexa polo menos, nun "pequeno recuncho" de este o noso mundo, cheo de sete mil millóns de persoas ( 2011) das que así, grosso modo, a metade serían mulleres e nenas.
Todo parte dunha estremecedora noticia dun xornal que afirma que 140 millóns de nenas e mulleres son mutiladas xenitalmente en todo o mundo según cifras de Amnistía Internacional.
A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.
A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.
Foto: Alejandro Vannuci
Pero esto non só ocorre en África, continente onde é moi común. Tamén ocorre en Latinoamérica e en zonas de Europa ( 500 mil víctimas). A pesar de que hai outros países africanos que teñen leis que condenan a ablación, unha vez máis a realidade é outra e a porcentaxe das mulleres ás que se lle practica segue sendo altísima. Exipto, Guinea, Kenia, Somalia e Djibouti son os lugares con máis mulleres xenitalmente amputadas do mundo.
Por esta razón, hoxe adicamos esta entrada a esta tremenda realidade poñendo en positivo o paso dado polo goberno de Nixeria que ogallá leve á práctica e que de verdade sirva para anular esta terrible lacra que lastra a vida de millóns de seres humáns no mundo únicamente por ter nacido muller.
Máis loita, máis visibilidade e sobre todo máis educación para recobrar a nosa dignidade como persoas.
Para saber máis dous artigos do xornal " El País" que non podes deixar de ler: este e este
As imaxes foron extraídas de varias páxinas web coa única intención de ilustrar esta pequena entrada.
domingo, 8 de marzo de 2015
Día da Muller 2015
Fotografías de Oihana Marco
Fonte
Fonte
Hoxe 8 de marzo é o día internacional da Muller. Pregúntome si esta data marcada no calendario sirve para algo, pregúntome si a sociedade é consciente de como vive a muller non só no noso mundo desenvolvido, senón tamén en mundos en vías de desenvolvemento onde a visibilidade da muller é nula.
Non sei ata que punto a xente o ten presente no día a día. Non sei ata que punto este día fai reflexionar sobre a situación verdadeira da condición feminina que fai, por exemplo, que elas perciban salarios máis baixos polos mesmos traballos que os homes.
Hai situacións que non se poden crer a estas alturas da peli pero é así: países onde a violación dentro do matrimonio é legal,; países onde ás mulleres non lle é permitido conducir por non ser " asunto de mulleres" (?); países nos que para entrar na Universidade tes que facer un test de virxinidade ( ?); países nos que unha muller non pode aceptar un traballo sen o consentimento do marido; países nos que a mutilación xenital feminina é unha práctica normal e consentida polas propias mulleres que son axentes activos nestas accións aberrantes; países nos que a violencia contra a muller está refrendada pola lei para "correxir malos actos das mulleres" (?) ou para que a muller "obedeza" aos seus maridos. ( 1)
Tremendo. Poderíamos facer referencia a máis cuestións sobre o mundo actual e o trato que recibe a muller. Creo que non fai falta. Unha mostra, un botón. Pero..... Por que se celebra o día 8 de marzo como o día internacional da Muller? Nesta pregunta non hai un consenso claro. Leín de todo. Pero o que máis se repite é un triste episodio con dúas datas diferentes pero que no fondo conta a mesma historia: a historia dunhas mulleres traballadoras nunha fábrica textil en calqueira lugar de Estados Unidos ( podería ser Nova York ou Chicago) que se declaran en folga. Uns dín que en 1908, outros que en 1911.
Estas mulleres reivindicaban unha xornada laboral de... dez horas!!!!! , un salario igual que os homes (aínda estamos niso) e a non explotación dos nenos no traballo.Pecháronse na fábrica onde traballaban para cambiar as cousas. O patrón mandou prender lume para obligalas a sair, cousa que non fixeron. Todas morreron. Unhas calcinadas, outras suicidadas ao tirarse polas fiestras antes de sentir o lume nos seus corpos.
Sexa como fora, este non é un día de risas. A loita continúa e aínda que, efectivamente, moito se ten avanzado sobre todo no noso mundo privilexiado, moito hai que cambiar nas mentes das xentes que incluso para celebrar o Día da Muller, e me consta que con boa fe, recorren a imaxes plagadas de estereotipos : que taladradas/os estamos coa imaxe de: entrega, compromiso, valor, tenrura, sensibilidade, dedicación e beleza que se supón debe ter a muller!!!!!!
Todos os días son 8 de marzo e neste empeño temos que marchar xuntos mulleres e homes, estes últimos ben preto de nós como incondicional apoio. Se non é así será imposible chegar ao momento no que todos, homes e mulleres, sexamos absolutamente iguais.
As imaxes desta entrada foron extraídas de varias páxinas web. Dou o link ao traballo fantástico de Oihana Marco.
Con respecto aos textos de referencia e onde podedes atopar máis sobre a historia deste día podería poñervos moitos, pero déixovos ao voso libre albedrío para que busquedes. Pola miña parte douvos dous referencias:
- Europapress (1)
- Wikipedia
sábado, 8 de marzo de 2014
8 de marzo- Día Internacional da Muller
Ben!................. Pero................... despóis de noventa anos de loita femenina para alcanzar a igualdade:
-Agora mesmo 800 mulleres morren durante o parto cada día.
- As mulleres continúan traballando en postos de menor responsabilidade
- As diferencias de salarios entre homes e mulleres é moi significativa
-Agora mesmo 800 mulleres morren durante o parto cada día.
- As mulleres continúan traballando en postos de menor responsabilidade
- As diferencias de salarios entre homes e mulleres é moi significativa
A Little Ship of Dreams- Edgard Maxence
A ONU afirma que:
- Naqueles países onde hai máis igualdade de xénero hai un maior crecemento económico
- Que as empresas que teñen máis líderes mulleres teñén máis rendementos
- Que os acordos de paz onde están involucradas as mulleres teñen unha vixencia máis duradeira.
Tras a Cumbre do Milenio fai quince anos ou a Conferencia sobre a Muller de Beijing hai máis logros alcanzados. Según o periódico "La Voz de Galicia", de onde leo o texto para crear este outro pequeno, hai máis mulleres traballando, máis nenas que van a escola, menos que morren durante o parto e o embarazo, máis en postos de liderazgo............ Pero......... Por que teño a sensación de que non ten cambiado moito a nosa situación e máis en determinados países do mundo??????. Creo, o non só eu, que segue sen haber igualdade real.
E finalmente......Vou ao periódico "El País" para leer un texto sobre as mulleres e.......... Que me atopo como anuncio á dereita do texto " Considerad si una mujer" escrito por Manuel Rivas????
Ana Juan
Un anuncio de quitamanchas Ariel ????????????????????
- Por que falamos do 8 de marzo como Día da Muller?
- Cal foi o contexo no que xurde?
- Quen foi Clara Zetkin?
- Por que é interesante o día 8 de marzo de 1945?
- Que é a democracia paritaria? Cal é a túa opinión ao respecto de que exista?
- Cal foi o contexo no que xurde?
- Quen foi Clara Zetkin?
- Por que é interesante o día 8 de marzo de 1945?
- Que é a democracia paritaria? Cal é a túa opinión ao respecto de que exista?
Distintos artigos do xornal " El País" sobre distintas situacións das mulleres no mundo e os problemas que teñen que enfrontar:
- Máis fotos de nais e fillas do mundo, fotos bonitas para coñecer outras realidades do sexo feminino neste, o noso universo .
- Obra gráfica extraída de distintas fontes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















