Vía El País
Este vídeo que deixo hoxe é un documental que nos ubica en Sierra Leona, en concreto na súa capital: Freetown. Aí, hai nenas que respiran coma nenas, que teñen soños coma nenas, que xogan coma nenas, que pensan, nunha palabra, coma nenas; pero deben vender os seus corpos. Nenas entre 13 a 17 anos. Queren comer ou poder ir ao colexio. Como Aminata.
Veredes a un policía afirmando que as recollen para darlles protección según a lei ( law) e mira noutra dirección cunha cara estraña. Logo as propias nenas din que as arrestan para violalas.
Por cada acto abxecto cobran entre 1,5 ou 2 euros e a saber polo que teñen que pasar. Uns homes chineses pídenlles que o fagan con cans. Sí, ledes ben. Ningunha quere. A miseria, o alcohol, as drogas,a maldade rodéanas.
Moitas perderon aos seus pais e familiares pola guerra ou a epidemia do ébola. Baséome, para dicirvos estas palabras, no documental realizado por Raúl de la Fuente que recolle opinións do salesiano Jorge Crisafulli, director da casa Don Bosco Fambul, das Misións Salesianas que o produciron.
Todo sae do texto de Isabel Valdés para o xornal " El País" que vos recomendo vivamente ler e ver , por suposto, o vídeo.
Cando os homes son lobos para as mulleres...
No hay comentarios:
Publicar un comentario