domingo, 8 de marzo de 2015

Día da Muller 2015



Fotografías de Oihana Marco 
Fonte 

Hoxe 8 de marzo é o día internacional da Muller. Pregúntome si esta data marcada no calendario sirve para algo, pregúntome si a sociedade é consciente de como vive a muller non só no noso mundo desenvolvido, senón tamén en mundos en vías de desenvolvemento onde a visibilidade da muller é nula. 


Non sei ata que punto a xente o ten presente no día a día. Non sei ata que punto este día fai reflexionar sobre a situación verdadeira da condición feminina que fai, por exemplo, que elas perciban salarios máis baixos polos mesmos traballos que os homes.


Hai situacións que non se poden crer a estas alturas da peli pero é así: países onde a violación dentro do matrimonio é legal,; países onde ás mulleres non lle é permitido conducir por non ser " asunto de mulleres" (?); países nos que para entrar na Universidade tes que facer un test de virxinidade ( ?); países nos que unha muller non pode aceptar un traballo sen o consentimento do marido; países nos que a mutilación xenital feminina é unha práctica  normal e consentida polas propias mulleres que son axentes activos nestas accións aberrantes; países nos que a violencia contra a muller está refrendada pola lei para "correxir malos actos das mulleres" (?) ou para que a muller "obedeza" aos seus maridos. ( 1)


Tremendo. Poderíamos facer referencia a máis cuestións sobre o mundo actual e o trato que recibe a muller. Creo que non fai falta. Unha mostra, un botón. Pero..... Por que se celebra o día 8 de marzo como o día internacional da Muller? Nesta pregunta non hai un consenso claro. Leín de todo. Pero o que máis se repite é un triste episodio con dúas datas diferentes pero que no fondo conta a mesma historia: a historia dunhas mulleres traballadoras nunha fábrica textil en calqueira lugar de Estados Unidos ( podería ser Nova York ou Chicago) que se declaran en folga. Uns dín que en 1908, outros que en 1911.


  Estas mulleres reivindicaban unha xornada laboral de... dez horas!!!!! , un salario igual que os homes (aínda estamos niso) e a non explotación dos nenos no traballo.Pecháronse na fábrica onde traballaban para cambiar as cousas. O patrón mandou prender lume para obligalas a sair, cousa que non fixeron. Todas morreron. Unhas calcinadas, outras suicidadas ao tirarse polas fiestras antes de sentir o lume nos seus corpos.



 Sexa como fora, este non é un día de risas. A loita continúa e aínda que, efectivamente, moito se ten avanzado sobre todo no noso mundo privilexiado, moito hai que cambiar nas mentes das xentes que incluso para celebrar o Día da Muller, e me consta que con boa fe, recorren a imaxes plagadas de estereotipos : que taladradas/os estamos coa imaxe de: entrega, compromiso, valor, tenrura, sensibilidade, dedicación e beleza que se supón debe ter a muller!!!!!!


Todos os días son 8 de marzo e neste empeño temos que marchar xuntos mulleres e homes, estes últimos ben preto de nós como incondicional apoio. Se non é así será imposible chegar ao momento no que todos, homes e mulleres, sexamos absolutamente iguais.



As imaxes desta entrada foron extraídas de varias páxinas web. Dou o link ao traballo fantástico de Oihana Marco.

Con respecto aos textos de referencia e onde podedes atopar máis sobre a historia deste día podería poñervos moitos, pero déixovos ao voso libre albedrío para que busquedes. Pola miña parte douvos dous referencias:

- Europapress (1)
- Wikipedia

domingo, 4 de enero de 2015

Ser Nena en Etiopía


Fonte da foto: Aquí

" Por ser nena non irás á escola. Quedarás na casa para axudar coas tarefas do fogar e coidar ao fillos que nazan logo de tí. Por ser nena cargarás 25 litros de auga sobre as túas costas a diario durante horas dende que teñas sete anos ou menos. Ou tanta leña que quen che mire por detrás só poderá distinguir as túas delgadas pernas aguantando, milagrosamente, todo ese peso. Por ser nena farás todo isto descalza porque os mozos terán prioridade á hora de obter uns zapatos. Por ser nena, o teu pai elexirá un marido para tí antes de que saibas o significado do matrimonio, e moito menos, o da maternidade. Por ser nena mutilaranche os xenitais e durante toda a túa vida sufrirás dores e infeccións. Por ser nena, parirás todos os fillos que o teu marido decida e serás responsable de alimentalos e salvar as súas vidas se enferman. Por ser nena traballarás no campo de sol a sol, tamén cando estés embarazada. Así será a túa vida ata o día da túa morte, que posiblemente chegará antes de que cumpras os 58 ou os 65 anos, según o informe que se mire, porque esa é a esperanza media de vida no teu país"
Artígo de Lola Hierro publicado polo xornal " El Pais".
 2 xaneiro 2015.
 

Fonte da foto: Aquí 
 
É a primeira entrada no blogue deste ano. A miudo decimos "ano novo, vida nova". Pero témome que para moitas mulleres e nenas do mundo o novo ano non traerá novas situacións felices para elas. Por iso traduzo literalmente este texto de Lola Hierro e  deíxovos o link ao artigo por se queredes seguir sabendo.

Artigo de El País : Aquí


Fonte da foto: Aquí

domingo, 19 de octubre de 2014

Nai e Fillo e Viceversa




Non pode haber máis amor, cariño, respecto e felicidade nunha soa imaxe. 
Estas fotografías son a proba
Que pensades vós?