sábado, 14 de noviembre de 2015

Impura Por Dar a Luz




De novo India, de novo mulleres, de novo castas, de novo inxustiza

Podedes ler a historia de Dodakka neste enlace Sabedes que India está socialmente estratificada en castas. Nunha delas, na casta kadugolla existente en determinadas zonas deste país, as mulleres que teñen a menstruación ou aquelas que acaban de parir, son apartadas do resto. Contaminan, son impuras. Sabíamos da existencia de sociedades que apartaban ás mulleres no momento da súa menstruación. Aquí tamén o fan no momento de ter un fillo. Outra discriminación máis. Outra barbarie. As mulleres e as súas criaturas pasan os días, no mellor dos casos, en pequenas estruturas de ramas a ras do chan e lonxe do fogar das súas familias. Non poden sair, nin visitar outras casas, nin traballar.



Ninguen pode tocalas, a súa sombra non pode caer sobre outra persoa pois a contaminaría inmediatamente........

Están fora de recibir asistencia médica se o precisan, no só por problemas xinecolóxicos senón tamén por un simple catarro ou febre. Comen mal. Se algunha enferma ninguén a cuidará, incluso o médico a examinará pero sen tocala. Pregúntome, como o fai????  Podemos intuir que a mortalidade infantil e materna é altísima nesta situación. 



Mulleres saíndo da casa da menstruación

 Máis do mesmo:  superstición. 
O necesario é educar.  E non só as mulleres.  Tamén aos homes. 


As imaxes foron extraídas das páxinas ás que remito no seu pe. En canto ao texto foi case traducido tal cual do correspondente a un artigo do xornal " El País" asinado por Lola Hierro : Enlace

domingo, 16 de agosto de 2015

As Devadasi, as Esclavas da Deusa Yallamma



En 2014, 1.267 millóns de persoas vivían en India.(1) Esa sociedade está estructurada en castas ás que se pertence por nacemento e das que non se pode sair para ascender na escala social. É o que ocorreu na sociedade no Occidente cristiá dende o século V ata o século XVIII.Tamén a nosa sociedade estaba estructurada dun xeito piramidal, estamental. Coas Revolucións burguesas do século XIX esto cambiou un pouco: desa estrutura pasamos a unha sociedade de clases con cambios que non veñen ao caso e á que se accedía, xa non por nacemento, senón por riqueza. 


Pero isto non nos interesa agora. Volvendo ás castas en India direivos que nesta estrutura social non se pode ascender. Que supón  pertencer á casta que está na base da pirámide???. Na base están os chamados intocables, os parias, os Dálits que é unha casta tan baixa que son considerados menos que cans e só permíteselles realizar os traballos máis marxinais, coma por exemplo, recoller os excrementos humáns. 




Rapaces dalit na súa aldea


Dalits

As clases superiores evitaban o contacto coas súas sombras.

 Podedes facervos unha lixeira idea de por onde pode ir a vida dos dalits. Pero si esto é así para a casta en xeral, fixémonos agora nas mulleres e nas nenas  dalitss. Ao igual que noutros moitos países do mundo nacer nena en India é unha desgracia. O aborto selectivo ou infanticidio das nenas é algo normal e é realizado, incluso, polas súas propias nais que se non o fixeran serían afastadas das comunidades onde viven. E é, que para unha familia de parias ter unha nena supón darlle unha dote para casala. Non hai máis destino para elas.


E para darllo, deben pedir un préstamo que vai a ligar á familia para sempre aos prestamistas aos que terán que devolver, non xa o diñeiro prestado, senón os intereses xerados pola débeda. Como vedes, unha ruína. Isto por un lado, sí. Pero por outro, tamén ocorre que as nenas poden convertirse, xa de ter nacido, en devadasis, isto é en esclavas da deusa Yallamma. 



Básicamente o que supón ser unha devadasi é convertirse en propiedade pública; sí, leedes ven: en propiedade pública, co cal están obrigadas a satisfacer sexualmente a todos os homes que as requiran, sen poder negarse baixo ningún concepto. Entran no templo da deusa, as máis pequenas aos catro anos, ata que chegan á pubertade. Unha vez chegada a esa idade precisa estarán obrigadas, como se dí máis arriba a satisfacer a todos os homes que as queiran. Tamén lles estará vedado, para sempre, casar. 



 O feito de dalas á deusa é para evitar un mal á familia. O normal é que se faga para que a deusa lles axude no caso dalgunha enfermidade. Crese que a entrega da rapaza salvará á familia. Aínda que o certo é, que si a familia a dá, non terá que preocuparse nunca máis pola dote e será unha boca menos que alimentar e da que preocuparse. Aún así, a orixe desta crenza basease na ignorancia e na superstición.  


De feito, cando as devadasi chegan a un momento no que xa non son atractivas, non poden seguir no templo, son rexeitadas polas propias familias e nas súas aldeas de orixe, o que as obriga ou ben a pedir esmola ou ben a intentar gañarse a vida nos prostíbulos de cidades importantes. Outro problema ao que teñen que facer fronte é o sida, moi propagado polos camioneiros que fan o traxecto Bombay- Bangalore que é onde máis devadasis hai. Ademáis tede en conta que estas mulleres levarán con elas aos nenos e nenas que teñan nacido dos seus encontros sexuais. Unha nena nacida dunha devadasi serao tamén nun corto futuro. 



Dende os anos 80' esta práctica, ser esclava sexual por relixión, está prohibido pola Constitución, pero o certo é que elas non o saben, e ás castas superiores non lles ven ben que o saiban. É unha maneira de manter á sociedade tal cual. 

Devadasis nos anos 20' do S. XX


Coma sempre o cambio de mentalidade e da verdadeira comprensión da súa realidade pasa pola educación. Sen ela , non poden entender cales son os seus dereitos, nen que urxe que se formen e se preparen para que poidan negarse a un futuro que lles espera porque sí, porque así foi dende o principio dos tempos e así, inamoviblemente, seguirá sendo se elas non dín, non!!!!!!!!! 



Os textos consultados para facer esta pequena entrada podedes atopalos en: 


Ou escoitar este podcast de Radio Televisión Española: Aquí 

En canto as imaxes, todas, excepto as que teñan ao seu pe a fonte de onde proceden, son da fotógrafa  Rachel Robichaux e extraídas desta páxina  con unha única intención educativa e para dar a coñecer a situación das Devadasi e das Jogini : http://cargocollective.com/rachelrobichaux/Devadasi

domingo, 8 de marzo de 2015

Día da Muller 2015



Fotografías de Oihana Marco 
Fonte 

Hoxe 8 de marzo é o día internacional da Muller. Pregúntome si esta data marcada no calendario sirve para algo, pregúntome si a sociedade é consciente de como vive a muller non só no noso mundo desenvolvido, senón tamén en mundos en vías de desenvolvemento onde a visibilidade da muller é nula. 


Non sei ata que punto a xente o ten presente no día a día. Non sei ata que punto este día fai reflexionar sobre a situación verdadeira da condición feminina que fai, por exemplo, que elas perciban salarios máis baixos polos mesmos traballos que os homes.


Hai situacións que non se poden crer a estas alturas da peli pero é así: países onde a violación dentro do matrimonio é legal,; países onde ás mulleres non lle é permitido conducir por non ser " asunto de mulleres" (?); países nos que para entrar na Universidade tes que facer un test de virxinidade ( ?); países nos que unha muller non pode aceptar un traballo sen o consentimento do marido; países nos que a mutilación xenital feminina é unha práctica  normal e consentida polas propias mulleres que son axentes activos nestas accións aberrantes; países nos que a violencia contra a muller está refrendada pola lei para "correxir malos actos das mulleres" (?) ou para que a muller "obedeza" aos seus maridos. ( 1)


Tremendo. Poderíamos facer referencia a máis cuestións sobre o mundo actual e o trato que recibe a muller. Creo que non fai falta. Unha mostra, un botón. Pero..... Por que se celebra o día 8 de marzo como o día internacional da Muller? Nesta pregunta non hai un consenso claro. Leín de todo. Pero o que máis se repite é un triste episodio con dúas datas diferentes pero que no fondo conta a mesma historia: a historia dunhas mulleres traballadoras nunha fábrica textil en calqueira lugar de Estados Unidos ( podería ser Nova York ou Chicago) que se declaran en folga. Uns dín que en 1908, outros que en 1911.


  Estas mulleres reivindicaban unha xornada laboral de... dez horas!!!!! , un salario igual que os homes (aínda estamos niso) e a non explotación dos nenos no traballo.Pecháronse na fábrica onde traballaban para cambiar as cousas. O patrón mandou prender lume para obligalas a sair, cousa que non fixeron. Todas morreron. Unhas calcinadas, outras suicidadas ao tirarse polas fiestras antes de sentir o lume nos seus corpos.



 Sexa como fora, este non é un día de risas. A loita continúa e aínda que, efectivamente, moito se ten avanzado sobre todo no noso mundo privilexiado, moito hai que cambiar nas mentes das xentes que incluso para celebrar o Día da Muller, e me consta que con boa fe, recorren a imaxes plagadas de estereotipos : que taladradas/os estamos coa imaxe de: entrega, compromiso, valor, tenrura, sensibilidade, dedicación e beleza que se supón debe ter a muller!!!!!!


Todos os días son 8 de marzo e neste empeño temos que marchar xuntos mulleres e homes, estes últimos ben preto de nós como incondicional apoio. Se non é así será imposible chegar ao momento no que todos, homes e mulleres, sexamos absolutamente iguais.



As imaxes desta entrada foron extraídas de varias páxinas web. Dou o link ao traballo fantástico de Oihana Marco.

Con respecto aos textos de referencia e onde podedes atopar máis sobre a historia deste día podería poñervos moitos, pero déixovos ao voso libre albedrío para que busquedes. Pola miña parte douvos dous referencias:

- Europapress (1)
- Wikipedia