jueves, 6 de febrero de 2020

Sobre a Mutilación Xenital Feminina (l)



No vídeo que vos deixo a activista keniana Asha Ismail, comparte a súa experiencia acompañada de oito actrices españolas que realizan un relato en primeira persoa de como afronta unha muller ser sometida a unha mutilación. Con esta estratexia a organización " Mundo Cooperante" busca " xerar empatía e mostrar que esta forma tan clara de violencia supón unha agresión directa á muller como grupo, o exemplo máis evidente de que a violencia de xénero é unha realidade global. A mutilación xenital feminina " non está motivada por razóns culturais ou relixiosas. O seu obxectivo real é controlar o corpo da muller e a súa sexualidade"

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Sobre a Violencia de Xénero 2019



Marina Marroquí da a súa testemuña como vítima de xénero, como vítima dunha violencia inusitada que padeceu dende os 15 aos 19 anos e fai reflexións. Déixovos unha curta de cinco minutos que lévavos, se queredes á charla que durante unha hora deu esta educadora social para concienciar e meditar sobre esta lacra social. 

viernes, 8 de noviembre de 2019

As Primeiras Sinais de Maltrato








Comparto tres das cinco curtametraxes que foron dirixidas e producidas pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) para traballar diferentes ámbitos relacionados coa violencia de xénero na adolescencia.