martes, 8 de marzo de 2016

Día da Muller 2016



Un ano máis chega o día 8 de marzo marcado no calendario como o día da Muller, a Muller en maiusculas, un día que pon o foco en máis da metade do planeta. Poderíamos falar aquí do "Empoderamento da muller", o "Empowerment" que se dí en inglés e resumir os principios para logralo. Este termo foi acuñado pola Conferencia Mundial das Mulleres en Beijing no ano 1995 para referirse ao incremento da nosa participación na toma de decisións e de poder. Se queredes leelo, premede na páxina da ONU que o explica: Aquí



Sen embargo, nós queremos facer fincapé noutra realidade máis palpable, máis clara, menos retórica, en principio, e entendemos máis aplicable aínda que non sabemos si de verdade   cambiará a vida dalgunha muller, aínda que sexa polo menos, nun "pequeno recuncho" de este o noso mundo, cheo de sete mil millóns de persoas ( 2011) das que así, grosso modo, a metade serían mulleres e nenas.  


Todo parte dunha estremecedora noticia dun xornal que afirma que 140 millóns de nenas e mulleres son mutiladas xenitalmente en todo o mundo según cifras de Amnistía Internacional.

A parte boa, en relación a esto é que Nixeria, en xunio do ano pasado, daba un paso adiante para penalizar esta aberrante práctica que se realiza sobre o corpo das nenas en 29 países do mundo. Nixeria o país maís poboado do continente africano realizou esta amputación a case 20 millóns.



Foto: Alejandro Vannuci

Pero esto non só ocorre en África, continente onde é moi común. Tamén ocorre en Latinoamérica e en zonas de Europa ( 500 mil víctimas). A pesar de que hai outros países africanos que teñen leis que condenan a ablación, unha vez máis a realidade é outra e a porcentaxe das mulleres ás que se lle practica segue sendo altísima. Exipto, Guinea, Kenia, Somalia e Djibouti son os lugares con máis mulleres xenitalmente amputadas do mundo. 

Por esta razón, hoxe adicamos esta entrada a esta tremenda realidade poñendo en positivo o paso dado polo goberno de Nixeria que ogallá  leve á práctica e que de verdade sirva  para anular esta terrible lacra que lastra a vida de millóns de seres humáns no mundo únicamente por ter nacido muller.


 Máis loita, máis visibilidade e sobre todo máis educación para recobrar a nosa dignidade como persoas. 


Para saber máis dous artigos do xornal " El País" que non podes deixar de ler: este e este

As imaxes foron extraídas de varias páxinas web coa única intención de ilustrar esta pequena entrada.

miércoles, 10 de febrero de 2016

Para Non Esquecer, O Machismo Mata


 http://www.estheraguirre.es/wp-content/uploads/2013/06/Copia-de-aficheuno.jpg

 En España morreron máis de 1.000 mulleres dende o ano 2000 a máns das súas parellas ou ex parellas.Son máis mortes que as provocadas polo terrorismo de ETA en toda a súa historia. "Salvados" de Jordi Évole da Sexta volve cun programa que pon o foco no drama da violencia machista. Para velo enteiro e reflexionar. Preme abaixo para ver o programa sen cortes. Imprescindible. 

http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-11-machismo-mata_2016020400463.html

martes, 22 de diciembre de 2015

A Emperatriz Bizantina Teodora



Estamos no S. V d.C. O Imperio Romano de Occidente cae baixo a presión dos pobos xermánicos que provenientes do centro de Europa faino tambalear apuntalando unha crise que, por moitas razóns, arrastra dende o século III d.C. Sen embargo, o Imperio Romano de Oriente con capital en Bizancio quedará incólume ata 1453 momento en que desaparecerá debido a súa toma polos turcos otomanos.  Pero antes de este suceso e con Xustiniano no poder, moito antes, no século VI d.C, esta zona chega ao máximo da súa expansión e desenvolvemento, invadindo Italia e conquistando Rávena. Tamén a parte sur da nosa península quedará baixo o seu dominio pero esto non é importante neste texto. 


Máxima expansión del Imperio Bizantino, s. VI d. C

Interior de San Vital de Ravena

 http://contenidos.educarex.es/mci/2004/44/Arte_Bizantino_y_paleocristiano/images/Mosaico_San_Vital_Justiniano_detalle_jpg.jpg

Mosaicos de San Vital de Rávena: Justiniano e o seu séquito.
Máis a baixo detalles dos mosaicos de Teodora e o seu
 


O que si o é e que Xustiano casou cunha muller excepcional: Teodora, que :

"foi retratada con desaprobación polos historiadores do s. VI como actriz, cortesana e muller infame. (...) Un funcionario do Estado eloxiouna dicindo que era "superior en intelixencia a todos os homes que xamáis viviran".Teodora fora amante doutro home cando coñeceu a Xustiniano, o fillo do emperador. Xustiniano desafiou a oposición da realeza e casou con ela a pesares de todo. Teodora non puido darlle fillos , pero foi unha brillante estratega militar, cunha gran astucia para frustrar intrigas e conspiracións. Cando Xustiniano ascendeu a emperador no ano 527, fixo de Teodora unha emperatriz tan atípica como poderosa. "Ningún facía nada sen o consentimento do outro" gruñía Procopio, historiador que a difamou como unha concubina ambiciosa e famenta de poder" (1)


 " Teodora comenzou a promover leis que acabasen coa condición das mulleres como propiedade persoal. Loitou contra a práctica común de secuestrar mulleres para prostituilas. Promoveu leis en contra da violación e a favor dos dereitos das mulleres a poseer propiedades e herdar bens.Teodora é recoñecida por contribuir á elevación do estatus legal das mulleres, que alcanzou un nivel sen precedentes. Ela mesma convertíuse nunha das persoas máis poderosas da era bizantina". (2)

 Esas leis promovidas por ela formaron parte da compilación e organización das leis romanas que levou a cabo Xustiniano. Foi o chamado Corpus Iuris Civilis, base do noso sistema xurídico.



Toda a obra gráfica está extraída de Wikimedia Commons,excepto aquelas que teñen ao pe a súa referencia

En canto ao texto o que está entre comillas (1) e (2) está extraído tal cual do libro de:

- O'Connor, Anne-Marie: " La dama de oro". Vaso Roto Ediciones, Madrid 2015