sábado, 15 de agosto de 2020

Meu Pai necesita Vacas, non a min


Déixovos un vídeo con distintas historias de nenas preadolescentes de Tanzania obrigadas a casarse (12, 13, 14 anos) porque é máis productivo para a familia ter vacas que telas a elas. Veredes distintos testemuños das nenas pero tamén dos seus pais, homes basicamente, pechando tratos coa familia da que será o seu marido. Actualmente parece ser que neste país, un casamento destas características  significaría 30 anos de prisión para aqueles que o permitisen, incluídos os pais de noiva. Nun momento do vídeo  veredes coma a persoa que fala coas familias para que deixen formarse as nenas, ir a escola a saber cousas,insisten en que desa forma máis adiante , as nenas, faranse cargo dos seus velliños. Serán as súas futuras coidadoras.

lunes, 3 de agosto de 2020

A Violencia Verbal contra a Muller




Déixovos o vídeo no que Alexandria Ocasio-Cortez responde ás "desculpas" que un político republicano fixo na Cámara de Representantes dos Estados Unidos cara a ela, despois de insultala seriamente, por un desacordo político.

O discurso de Ocasio-Cortez é brillante e deixa nun lugar patético, ao individuo chamado Yoho (congresista ao igual que ela), quen foi quen a insultou, pero tamén deixa clara e meridiana a cultura da impunidade existente na nosa sociedade que permite  que moitas mulleres teñan que soportar a violencia verbal e certos insultos proferidos polos homes cara elas, únicamente por ser mulleres. 

martes, 28 de julio de 2020

Sobre Machismo e Feminismo. Hembrismo?





Debuxante AJUBEL

Nunha entrevista realizada en maio de 2017,  a actriz e modelo Paula Echevarría afirmaba: "Eu defínome como persoa. Eu creo que non hai que ser feminista nin machista. Eu creo que os extremos nunca son bos nin para un lado nin para o outro". Daba así lugar a unha gran polémica, sobre todo nas resdes sociais; ten 2.400.000 seguidores en Instagram, e é unha das maiores influencers españolas. A polémica, poren, estivo moi lonxe de facerlle cambiar de opinión, xa que continúa reafirmándose nestas ideas, habituais por outro lado entre un importante sector da poboación, ou a lo menos iso parece entreverse nas redes. 




Se recurrimos ao diccionario da Real Academia Española comprobaremos que o feminismo só pode ser entendido como o contrario ao machismo porque busca a igualdade entre homes e mulleres, pero non como un movemento que busque unha "actitude de preponderancia das mulleres respecto aos varóns". 

Machismo

De macho1 e -ismo

1.m. Actitud de prepotencia de los varones respecto de las mujeres. 

2.m. Forma de sexismo caracterizada por la prevalencia del varón. " En la designación de directivos de la empresa hay un claro machismo"


Feminismo

Do fr. féminisme, e este do lat. femĭna 'mujer' e o fr. -isme '-ismo'.

1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre

2.m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del feminismo. 

Por suposto, o diccionario supón un achegamento moi básico; o feminismo é un movemento moi complexo e heteroxéneo, pero " a palabra feminismo non é un antónimo de machismo". 


Pero pese a que as definicións parecen claras e fáciles de entender, non é infrecuente ver as palabras empregadas nun sentido ben diferente ao seu significado. Así a modo de exemplo, ante a folga de mulleres do 8 de marzo, o portavoz de Ciudadanos en Extremadura, Cayetano Polo , respondía a la pregunta de si era feminista contestando " Nin machista, nin feminista. Eu creo na igualdade". 



O descoñecemento leva a erro, pois , pese a súa sorpresa, efectivamente o machismo ( por definición) non busca a igualdade e o feminismo si. 




Descartado pois " feminismo" como par lingüístico de "machismo" cabría preguntarnos acerca de que palabra podería empregarse nese sentido. Aínda que non está recollida polo DRAE, é habitual ver o uso de " hembrismo" con ese significado. (..) É unha palabra moi criticada por certos colectivos por facer alusión a unha realidade que non existe (xa que non hai unha estrutura históricamente asentada na defensa da superioridade da muller sobre o varón). 


Para concluir: para facer alusión ao antónimo de "machista" é incorrecto utilizar a palabra "feminista", sendo posible, con  todas as matizacións que queiramos facer recurrir á voz " hembrista". 







Sempre será mellor que empregar construccións aberrantes como "feminazi", termo pexorativo moi  extendido nas redes e que foi acuñado dende movemtos conservadores estadounidenses que equiparaban  a reividicación do dereito ao aborto co xenocidio organizado do Tercer Reich( curiosamente Hitler opúxose ferreamente ao movemento feminista alemá, pechou clínicas de planificación familiar e declarou que o aborto era un crimen contra o estado)





(...) Recollendo palabras do Primer Ministro de Canadá, Justin Trudeau: 

" Son feminista e creo firmemente que necesitamos educar fillos e fillas feministas, e por certo, non debería asustarnos a palabra feminista. Homes e mulleres deberían poder utilizala para describirse a si mesmos sempre que queiran, sen producir asombro , porque o feminismo beneficianos a todos" 



Elaboración propia a partir de



Este texto corresponde a extractos dun artigo de Iván Pérez Miranda do ano 2018 atopado en agoraeducación.com

En canto as imaxes todas teñen a referencia de onde proceden ao seu pé.